TI! Si si, oíches ben: ti! Esta é a páxina con cousas guais pensadas unicamente para o lector do blogue: TI. Que como non, es o máis importante deste proxecto.

Subscricións
Gustaríache recibir cada nova receita no teu correo? É totalmente de balde, e prometo mandar unha á semana como moito!
É só poñe-lo teu correo na caixa inferior, preme-lo botón e logo confirma-la subscrición dende o teu mail.

Os Produtos do Artur
Ás veces fago marmelada e cousas desas. Pero só ás veces.
Outros
Apetéceche contribuír ao proxecto, pero non estás interesado nos produtos dispoñibles? Tes un euro no peto e non sabes que facer con el?
Acéptanse todo tipo de agasallos, doazóns e subornos. E negócianse todo tipo de favores a cambio.
Hai algún servizo que botes en falta? Algún produto do que gostarías dispoñer mais non atopas? Algunha receita que queres que prepare?
Non teñas medo de suxerilo, toda idea é benvida e agradecida!
Déixoche aquí un formulario de contacto, para o que queiras.