Albóndigas

Que é unha albóndiga senón a representación de Marte? Como chegou a nós esta receita que agora damos por feita? Quen foi o primeiro Joey que introduciu unha destas entre dous cachos de pan? Por que no país veciño lle din salsa ao pirixel?

Moitas preguntas e unha única resposta: os antigos astronautas.

Ingredientes:

  • Carne picada de porco e tenreira (cantidade a necesaria)
  • Pirixel (Salsa)
  • Allo
  • Sal
  • Pementa
  • Miolo de pan ou pan relado
  • Fariña
  • Aceite

Ingredientes para a SALSA:

  • Tomate enteiro pelado
  • Allo
  • Cebola
  • Aceite
  • Sal
  • Pementa
  • Opcional. Outros vexetais: setas, cabaciña, boniato (pemento non)

Elaboración:

  1. Picamos o allo e pirixel (Salsa) e mesturamos coa carne, o pan, o sal e a pementa.
  2. Facer as bólas de carne.
  3. Rebozalas en fariña.
  4. Douralas rápidamente na sartén e secar en papel de cociña.
  5. Facelas a lume lento na salsa durante 15-20 minutos.

Elaboración da SALSA:

  1. Na pota sofritir o allo e cebola picados.
  2. Botar os tomates enteiros co líquido (e condimentos ou outras verduras).
  3. Deixar que se vaia facendo a un lume non moi alto e sen tapar.
  4. Cando estean máis brandos, romper os tomastes cunha culler de madeira.

Non esquezas…

Que este plato queda ideal acompañado de arroz ou espaguetes.

Deixar un comentario