Brownie

,

Un postre rápido, sinxelo e que todos aman? Imposible! Ou non…

Velaquí máis un triunfo dos Estados Unidos da América, os inventores da democracia, o capitalismo e da bomba atómica!

Ingredientes :

  • 200g de chocolate negro (tableta para fundir)
  • 100g de manteiga
  • 70g de fariña de trigo
  • 120g de azucre
  • 3 ovos
  • 70-90g de noces peladas

Elaboración:

  1. Cubrir o molde con papel vexetal ou manteiga.
  2. Prequecer o forno a 170 ºC (arriba e abaixo con ventilador).
  3. Bater os ovos e o azucre (non demasiado para non introducir moito aire).
  4. Fundir no microondas chocolate e manteiga. Máis ou menos un minuto, e despois en tandadas de 30 segundos. Non fundir completamente para evitar queimalo, mellor remexer.
  5. Verter o chocolate nos ovos e remover.
  6. Botar a metade das noces partidas en trozos grandes.
  7. Ir tamizando e incorporando a fariña.
  8. Verter a mestura no molde e poñer noces enriba.
  9. Enfornar por 20 minutos a altura media

Non esquezas…

O truco do escarvadentes! Para saber se está feito, introduce un na masa. Se sae seco, SÁCAO XA! Se sae pouco manchado, xa está no punto perfecto. E se aínda se manchou moito, podes deixalo un anaco máis.

Deixar un comentario