Este é, sen dúbida, o meu postre favorito, ao que máis cariño lle teño. Eu sei que non o gozaredes tanto coma min, pois non vos traerá as miñas fermosas lembranzas da infancia, porén, agardo que cando menos valla a pena e estea rico :).
Ingredientes:
- Pan dun día, preferentemente de broa (bola grande de trigo blanco con moito miolo)
- 9 ovos por quilo de pan
- 2l de leite por quilo de pan
- Azucre ao gusto
- Ramas de canela (mínimo unha e media por litro de leite)
- Pel dun limón
- Aceite de oliva
Elaboración:
- Desmigallamos o pan e desbótase a codia.
- Batemos os ovos, engadimos a miga e mesturamos. Que o pan absorva ben o ovo formando unha masa compacta que permita facer unhas bólas parecidas a unha croqueta, pero do tamaño dunha mandarina.
- Quentamos abundante aceite nunha tixola e fritimos as bólas até que douren e calle o ovo.
- Unha vez fritidas, retirámolas e pousámolas sobre papel de cociña para que absorva o aceite.
- Paralelamente poñemos a ferver o leite co limón, a canela e o azucre.
- Finalmente, retiramos o limón e a canela e metemos as chulas na pota, onde quedarán ata seren servidas.
Á saúde de María Concepción Prieto Mariño, a Avoa Cocinta