O Cealmorzo ou Cenayuno é unha tradición que iniciei durante a pandemia da covid e mantiven rigorosamente por máis dun ano: cear cada luns un par de ovos duros, usualmente acompañados de té “english breakfast”, imitando os coñecidos almorzos británicos. Aquí deixo a receita segreda para que queden no seu punto.
Ingredientes:
- 2 ovos
- Sal
Elaboración:
- Deitamos os ovos nun cazo con auga que os cubra e engadimos o sal.
- Poñemos ao lume ata que rompa a ferver.
- Deixamos ferver por 3 minutos, removendo no 1º.
- Retirar e enfriar inmediatemante con auga.
Non esquezas…
Acompañalos cun delicioso té negro e cunha foto da Raíña de Inglaterra