Panqueiques

, ,

Esta é unha deliciosa receita para comezar o día con forza ou para unha merenda especial. A miña recomendación, acompañalo con todo o que haxa na neveira: marmelada, mel, sirope, tona, leite condensado, crème fraîche, froita, nocilla…

Ingredientes:

  • 150g de fariña
  • 8g de lévedo (1 cullerada sopeira)
  • 1 cullerada sopeira de azucre
  • Un chisco de sal
  • 200ml de leite
  • 1 ovo
  • 1 culleradiña de postre de manteiga

Elaboración:

  1. Nun bol xuntamos os 4 ingredientes secos e mesturamos.
  2. Noutro recipiente poñemos o ovo, o leite, a manteiga derretida e batemos.
  3. Vertemos o líquido pouco a pouco mentres remexemos até eliminar todo grumo.
  4. Nunha tixola quente, verter no centro. Dar a volta cando comecen a subir burbullas e retirar despois duns 10 segundos.

Non esquezas…

Preparar uns deliciosos PAMPENES cos últimos restos da masa!

FONTES:

Receitas de escándalo

Deixar un comentario