A primeira vez que fixen esta receita foi un día ás 5 da mañá despois de non durmir a noite toda. E quedaron espectaculares. Así que ademais de deliciosa, está claro que son ben sinxelos de facer.
Ingredientes:
- 500g de fariña de forza
- 3g de fermento instantáneo de panadeiro / 10g de fermento fresco
- 200ml de auga
- 100 ml de leite
- 2 culleradiñas de sal
- Chourizos de pincho (ou normais cortados)
Elaboración
- Mesturamos os ingredientes (menos o chourizo) e amasamos.
- Poñemos a masa nun bol tapada cun trapo nun sitio morno e mentres leveda por media ou 1 hora.
- Formamos 8 boliñas de 100 gramos (a masa pesa uns 800).
- Cos dedos, apertamos cada unha ata quedar coma unha tortita pequena e grosa.
- Poñemos os chourizos sobre a masa.
- Pechámola a masa, dámoslle a volta e formamos unha bóla coas mans.
- Deixamos repousar durante outra media hora, mentres prequecemos o forno a 220°C cunha cunca con auga na parte de abaixo.
- Metemos os boliños no forno e baixamos a 200°C uns 20 minutos (até que douren lixeiramente por arriba).
- Retiramos do forno e deixámolos arrefriar sobre a grella.
Receita de: Kukinhas