Torrada Hawai

Pizza con piña ou sen piña? Esa non é a cuestión. A pregunta é: cando facemos unha maratón de ✨Hawaii 5.0✨??

Esta é unha receita que atopei nun blogue por casualidade, e que ao parecer é coñecida na Suíza. Sexa como for, valeu a pena probalo, e é unha cea ideal para tomar pensado en Alex O’Loughlin.

Ingredientes (saberá mellor se son de calidade):

  • 2 rebandas de pan (de molde)
  • 2 rodas de piña
  • 2 liscos de xamón cocido
  • 2 talladas de queixo gouda ou emmental
  • Aceite de Oliva (ou manteiga)
  • Pimentón doce
  • Pimenta

Elaboración:

  1. Prequecer o forno a 200°C.
  2. Pintar o pan co aceite ou a manteiga e douralo 3 minutiños, torrándoo só un pouco.
  3. Enxugar a piña ben.
  4. Colocar sobre o pan o xamón, enriba a piña e cubrir co queixo.
  5. Dar un toque de pimenta e pimentón (non moito pois pode queimarse).
  6. Fornear até fundir o queixo e rematar con máis pimentón.

Receita de: directoalpaladar

Deixar un comentario