É outra deprimente noite de inverno. E ti tes que pensar no que vas cear hoxe. Que preguiza, non? Cantas ceas teremos que imaxinar e preparar ao longo das nosas vidas? Case dan ganas de tomar un iogurte e ir durmir. Ou de preparar un triste sándwich para que pareza unha cea.
Pero… e se che dixese que hai outra alternativa?? Aposto a que non sabes a cantidade de cousas que se poden facer con dúas rebandas de pan!
Nesta publicación explicarei o xeito correcto de facer un sándwich mixto. Pero irei máis aló, explorando os límites do cotiá. Creando algo diferente e innovador a partir da tradición!
Ingredientes (Sándwich Mixto Normal):
- Pan de molde
- Queixo
- Xamón cocido ou pavo
- Manteiga
Elaboración:
- Untar as rebandas de pan coa manteiga.
- Montar o sándwich, deixando as caras con manteiga cara FÓRA.
- Nunha tixola quente (non demasiado) torrar por cada lado.
INGREDIENTES (Sándwich Mixto 2.0):
- Pan de molde
- Queixo
- Xamón cocido ou pavo
- Manteiga
- Sal e pementa
- 2 ou 3 ovos, dependendo do tamaño da tixola
Elaboración:
- Batemos os ovos co sal e a pementa.
- Poñemos unha frixideira ao lume cun chisco de manteiga. Mellor facer este prato a lume medio-baixo, non alto. Nesta deben caber 2 rebandas de pan.
- Cando queza, vertemos o ovo e
- INMEDIATAMENTE collemos o pan, mollámolo por un lado e deitámolo sobre o outro. deben quedar as rebandas unha fronte á outra, coma un sándwich aberto.
- Agardamos a que calle o ovo. Cando estea, dámoslle a volta a todo.
- Agora poñemos o xamón e o queixo sobre o pan (eu puxen o queixo debaixo para que derretise mellor).
- Deixamos que cociñe ben a cara inferior.
- Agora dobramos o ovo sobresaínte enriba dos embutidos e por último pechamos o emparedado.
Aquí tedes un vídeo que o explica á perfección, pois pode ser algo confuso.
E se queredes ler a quilométrica introdución que fixen onte ás 2 da mañá (cousa que non recomendo), velaquí está. Só precisades pedirme o contrasinal.

