Natillas

É probable que faga tanto tempo que non tomas unhas natillas de verdade, que cando probes isto non recoñezas o sabor. Así que deixa de mercar Natillas Danet e ponte a cociñar!!

Esta receita é extremadamente rápida e sinxela. E se a única excusa que vas poñer é que a vainilla é moi cara, non te preocupes, hai alternativas!

Ingredientes:

  • 1L de leite enteiro fresco (de vaca ou cabuxa)
  • Unha (ou media) vaíña de vainilla
  • Un lisco de tona (peladura) de laranxa e limón
  • 100g de azucre (mínimo 90)
  • 3 culleradas de Maizena
  • 3 ovos
  • 1 cullerada de manteiga
  • 3 grans de sal

Elaboración:

  1. Nunha ola vertemos 0.8L do leite, engadimos as peladuras, o azucre e a vaíña: abrímola cun corte lonxitudinal e extremos as sementes coa punta do coitelo. A casca tamén a botamos!
  2. Mentres levamos o leite a ebulición (con coidado de non queimalo), batemos os ovos co leite restante e a maizena.
  3. Cando ferva, imos vertendo a mestura na pota sen deixar de remover (coa axuda dun batedor manual).
  4. Seguimos remexendo até que espese (non debería levar demasiado tempo).
  5. Cando colla a consistencia desexada, retiramos do lume. Agora engadimos o sal e a manteiga, mesturándoo ben todo.
  6. Aínda que sexa tentador comelas xa, debes deixar que arrefríen por varias horas (ou incluso pola noite) na neveira. Para elo repárteas en recipientes individuais, que podes decorar poñendo unha galleta María enriba (certa xente tamén pon outra debaixo).

Non esquezas…

Que poden estar aínda mellores se as serves cun toque de canela en pó.

Podes atopar esta e outras receitas de Natillas neste artigo do Comidista.

Deixar un comentario