Vaia receita máis cutre 😦 . Creo que excusaba poñer os ingredientes e a elaboración, e deixar só o título. Bom, así ocupo un pouco máis de espazo :).
Queres facer un almorzo especial para unha persoa especial? Tes un xantar espectacular pero a sobremesa é aburrida e deprimente? Pois xa tes a solución! Este é un prato rápido e sinxelo, mais cun aspecto fresco e mesmo luxoso.
Ingredientes:
- Requeixo (un de calidade, non o máis barato. Se é caseiro aínda mellor)
- Mel
- Noces
Elaboración:
- Nunha cunca poñemos o requeixo e por riba as noces e o mel.
Non esquezas…
Que pequenos detalles poden levar este prato a outro nivel. Por exemplo, se torras as noces (soas ou con mel).