A Pizza da Madriña

A pizza é coma o fascismo: inventouse en Italia e encántalles aos americanos. E en ningún dos dous quedan ben as xudías.

Chega a noite e non tes plan mellor ca tirarte no sofá a ver unha peli… ou non! No tempo que invitas a un par de amigos, deixa levedando esta masa e sorpréndeos cun prato do que todos gostan, mais co teu toque especial.

Ingredientes:

  • 1 vaso de auga
  • 15-20g de lévedo fresco ou a metade se é seco
  • Fariña de trigo
  • Aceite de oliva
  • Un chisco de sal
  • Tomate
  • Alfábega (opcional). A RAG non recolle termos para referirse á albaca 😦
  • Ourego (opcional)
  • Queixo relado ou como prefiras
  • Os extras que ti desexes

Elaboración:

  1. Activamos o lévedo disolvéndoo nun vaso de auga quente (fría se o lévedo está conxelado).
  2. Vertémolo nun bol, botamos un chorro de aceite e un chisco de sal.
  3. Agora imos engadindo fariña mentres removemos. Como non sei as proporcións, temos que ir engadindo a ollo, até que non estea tan pegañenta.
  4. Amasamos e despois deixámolo levedar por media ou unha hora.
  5. Unha vez levede, NON a imos volver amasar, pois afundiriamos a masa. Simplemente a deitamos na bandexa do forno (con papel de forno ou fariña) e imos estirando coas mans.
  6. Coa axuda dun relador fino, desfaremos o tomate nunha cunca cun pouco de sal e alfábega.
  7. Botamos a salsa de tomate recén feita, o queixo, os extras que desexemos e o ourego.

Non esquezas…

Que unha pizza pode levar de todo (ou case). Xamón cocido, xamón serrano, tomate, atún, polo, PIÑA… e un montón de diferentes queixos con nomes rimbombantes que deixarían a un babeando só de ouvilos. Ademais, cando a saques do forno sempre lle podes dar un toque fresco con albahaca ou rúcula.

Deixar un comentario