Ás de Polo

O KFC n0n qu3Rε Quξ s4ibAs iSt0!!¡¿!

Quizais non me creas cando digo que as mellores ás de polo que tomei nunca foron as que eu mesmo me preparei, pero si: están boísimas! Ademais, tampouco leva tanto tempo e son moito máis sas.

Ingredientes:

  • 10 ás de polo (poño 10 porqu é bonito, pero ti merca as que vexas)
  • 500g de fariña
  • Leite e auga
  • Pimentón doce, curry en pó, pementa, … ti bota as especias que vexas. Eu tamén empreguei sazonador para patacas asadas, especias italianas e a saber que máis.
  • Aceite
  • Sal

Elaboración:

  1. Mesturamos a fariña co sal e coas especias: non te cortes, bótaas a culleradas, que nunca sobran. Separamos a metade para rebozalas logo.
  2. Coa outra parte imos marinar as ás: vertemos un vaso de leite e, mentres remexemos ben, imos engadindo auga aos poucos, até obter unha mestura nin moi líquida nin moi espesa.
  3. Cortamos as ás separando o musliño da á.
  4. Metémolas no bol coa mestura líquida, tapamos cun film e deixámolo na neveira unhas horas, collendo sabor.
  5. Mentres quecemos abondoso aceite nunha tixola, imos rebozando o polo. Cando estea ben quente, fritimos: primeiro ben co lume alto, logo baixamos un pouco por uns minutos e volvemos subir ao final (o normal é que necesitemos varias tandas para facer toda a carne).
  6. Para finalizar, retiramos e deitámolas sobre papel absorvente para retirar o exceso de aceite.

Non esquezas…

Que para acompañalas non tes por que facer obrigatoriamente patacas fritidas: podes facer unhas patacas ao forno, ou boniato, cabaza ou a verdura da que máis gostes.

Deixar un comentario