Estaba eu pensando en que chiste sobre mexillóns podía poñer aquí, pero o único que sei xa o usei noutra publicación. Como estaría feo repetir chiste, esta receita non vai levar ningún, pero deixo a ligazón á outra, para que o leades vós mesmos.
Este entrante é ideal se queres facer unha cea con aspecto elegante e de calidade pero sen tempo e sen saber cociñar.
Ingredientes:
- 3 queixiños triangulares (El Caserío, La Vaca que Ríe…)
- Unha lata de mexillóns en escabeche
- Unha lata de atún
Elaboración:
- Nun recipiente axeitado para bater botamos os queixos e todo o contido das latas.
- Cun batedor trituramos todo ben fino, sen grumos.
- Por último deixámolo arrefriar por un anaco na neveira (1-2 horas).
Non esquezas…
Que non só existen os Picos para mollar no paté, unhas cenorias e pementos en tiras quedan de morte!