-Mamá, Mamá. Os espaguetes estanse pegando! +Pois déixalles que se maten.
Sabes o típico prato súper cutre de estudante de macarróns con atún e tomate? Pois isto é o mesmo pero meténdoo no forno e dándolle un aspecto de plato moito máis elaborado. Tamén debo dicir que con ese pequeno engadido é ben máis rico ca sen el!
Ingredientes:
- Medio quilo de bos macarróns
- Salsa de tomate
- Un par de peitugas grandes de polo ou 4/5 latas de atún
- Moito queixo
- Sal
Elaboración:
- Mentres quece o forno, nunha ola facemos os macarróns cun chisco de sal (deixándoos ao dente ou incluso un chisco menos, que logo van ao forno).
- Simultáneamente (se escollemos polo e non atún) cocemos o polo ben especiado noutra pota con auga fervendo. Cando estea listo, sacámolo e desfiuzámolo ou cortámolo en cachos pequechos. Tamén podemos facelo á prancha, todo depende do preguiceiros que esteamos.
- Agora é o momento de botar todos os ingredientes (pasta, carne, tomate e queixo) nunha fonte para o forno, mesturando ben. Non botes todo o queixo, deixa suficiente para cubrir ben todo despois de mesturar. Tamén se pode facer a mestura na pota da pasta se a fonte está algo xusta.
- Por último metemos todo no forno e gratinamos por 5-10 minutos, até que funda o queixo e doure un pouco.
Non esquezas…
Que hai cousas que poden mellorar esta receita sen moito traballo, coma pode ser empregar un bo queixo ou facer ti a salsa de tomate (sofrixir unha ceboliña e botar o tomate na sartén, non é moito máis).