Sabiades que se buscas chistes de indios en google aparecen principalmente dos indíxenas americanos? É racista poñer un chiste deses nunha receita hindú? Non creo, porque o importante é deixar como parvos aos colonizadores 🙂
– Soldados! Precisamos voluntarios! O exército pide a vosa axuda. Tedes que ir ao territorio dos indios e por cada cabeleira de Sioux que consigades traer, darémosvos… 100 dólares en ouro!
Para esta noble tarefa só se ofrecen dous voluntarios: Tom e Sam, que parten ao territorio indio en busca de novas aventuras e máis xenocidios.
Cae a noite e montan unha carpa para durmir. Ao amencer Tom ouve como creba un pauciño. Esperta, asoma a cabeza e ve que arrodean o campamento 700 indios con pinturas de guerra, en absoluto silencio.
Tom, que non dá creto ao que ve, berra eufórico:
– Sam!!! Sam, esperta! Somos ricos!!! Somos ricos!!!
Este pan, non só está riquísimo, ademais é ben sinxelo de facer. E queda xenial para acompañar calquera prato e mollar en calquera prebe ou nun delicioso curry.
Ingredientes:
- 300g de fariña de trigo
- 100ml de auga morna
- 125g de iogur grego sen azucre
- sal ao gusto
- 1 culleriña de lévedo seco de panadeiro
- 1 cullerada de Ghee (Manteiga clarificada. Ou manteiga se non aopas).
- Queixo suave
Elaboración:
- Mesturamos ben os ingredientes (excepto o queixo, que é para o recheo) e pasamos á mesa enfariñada, amasando uns 10 minutos até que quede unha masa elástica e firme.
- Deixámolo nun bol lixeiramente aceitado, cubrimos con film e deixamos levedar nun sitio cálido durante unha hora ou ata que a masa duplique o volume.
- Agora volvemos pasala á mesa enfariñada, amasando uns segundos cos cotobelos para eliminar o exceso de aire.
- Dividimos a masa en porcións e formamos unha bola con cada unha. Abrimos a masa co rolo.
- Poñemos no medio o queixo, podendo tamén botar algunha especie como cúrcuma ou un chisco de sal. Pechámolo, dámoslle a volta e extendémolo até formar pans de forma alongada e plana.
- Cociñámolos nunha prancha ou tixola quente. Cano aparezan burbulliñas na masa, volteamos e cociñamos un chisco máis até que estea ben feito.
Non esquezas que…
Esta receita admite miles de variantes. Non coñezo esas miles pero seguro que has hai, porque hai moita xente na India. Dende logo podes facela sen queixo e experimentar con diferentes tipos do mesmo ou outros recheos!