Un matrimonio está de lúa de mel nunha linda cidade e, durante un paseo, topa cunha casa de espectáculos eróticos, cun enorme letreiro luminoso: “Hoxe, o fabuloso Paulinho”.
A parella decide entrar e o show comeza. Alí aparece Paulinho, de 39 anos e, tras un redobre de tambores, unha mesiña con 3 noces é colocada ben no centro do escenario. Paulinho creba as 3 noces coa súa ferramenta, con pancadas precisas. O público enlouquece e é ovacionado durante varios minutos!
Pasados 25 anos, para lembrar as vellas aventuras, o matrimonio decide conmemorar as vodas de prata na mesma cidade. Pasean polos mesmos lugares e, diante da mesma casa ven, sorprendidos, o mesmo cartel: “Hoxe, o fabuloso Paulinho”. Entran e, no palco, quen está aló? É el en persoa, o mesmo Paulinho, agora aos 64 anos, com engurras, calvo… Non o podían crer!
Cando os tambores comezan a redobrar, a mesma mesiña é colocada no centro do palco, agora con 3 cocos, que el creba facilmente, coa mesma precisión.
Boquiabertos, van ao camerino para cumprimentar persoalmente ao fabuloso Paulinho. E curiosos, preguntan o motivo do cambio das noces polos cocos.
Medio desanimado, el responde:
– A vellez é unha merda! A vista está fraca e xa non consigo acertar as noces!
Agora que xa rematou Semana Santa, vou subir unha receita ideal para a semana pasada. Que vaia, vale que se fai en países non demasiado cristiáns. Pero para isto estamos nós, non? Para evanxelizar aos bárbaros, levarlles a cultura (que consiste en cambiarlle o nome ás tradicións deses incultos que invadimos, ou engadir máis follas de masa filo) e bueno, xa postos, un pouco xenocidio sempre se lle fixo, ou?
Ingredientes:
- 33 follas de masa filo (simbolizando os anos que viviu Cristo) ou outro múltiplo de 3. Á hora de mercalas ten en conta que posiblemente teñas que cortalas á metade dependendo do tamaño que teñan e do tamaño da fonte que empregues.
- 250g de pistachos ou noces moídos pero non pulverizados (podes facelo ti se non atopas)
- 175g de manteiga clarificada ou ghee (podes usar manteiga normal, pero no súper adoita haber da primeira).
- 200g de azucre
- 250ml de auga
- Un chorriño de zume de limón
Elaboración:
- O primeiro é engraxar a fonte de forno que vaiamos empregar, picar os pistachos se non están xa e fundir a manteiga. Tamén podemos ir prequecendo o forno a 180ºC. Como son moitas follas, a non ser que teñas práctica, podemos agardar para prender o forno a levar a metade delas.
- Tras cortar as láminas de masa ao tamaño da fonte, imos deitándoas unha a unha, e pintando coa manteiga derretida entre elas. Se es un preguiceiro podes facelo cada dúas, pero tampouco é para tanto.
- Tras as 13 primeiras capas, pintamos con manteiga e espallamos a metade do recheo. Poñemos un par de láminas e seguimos co procedemento anterior, até acadar outras 9 (22 polo de agora).
- Tras pintar a capa 22, estendemos o resto dos froitos secos, deixando uns pouquiños para decorar.
- Repetindo o de sempre, cubrimos coas últimas 11 láminas.
- Antes de enfornar, cortamos con cortes longos e diagonais a masa, deixándoa en rombos. Pintamos coa manteiga que quede e ao forno até que doure (35-45 min).
- Mentres que se cociña, preparamos o almibre: nunha pota fervemos a auga, o azucre e o limón e logo, a lume suave, remexemos sen parar por 10-20 minutiños. Cada un que vaia controlando como de espeso o quere, pero a idea é que sexa lixeiriño.
- Para finalizar, sacamos a bandexa do forno, regamos co almibre e esparexemos os pistachos/noces que quedaban para decoralo.
Non esquezas que…
Esta receita faise nun monte de países, polo que hai moitas variacións. Dende o recheo que empregas, a cantas follas empregas, cada cantas botas manteiga, se lles engades canela e azucre co recheo… E seguro que con mel ou con crema de pistachos ou de noces está de morte tamén.
Por exemplo, a última vez que fixen esta receita, probei a botar unha capa ben finiña de crema de pistachos ademais dos moídos e que delicia!
A receita exquisita, e o chiste tan bo coma sempre 😂😂😂
GústameGústame