A Tarta de Queixo do Frodo

Merry e Pippin van acampar ao bosque, para relembra-los vellos tempos. Durante a noite, Merry esperta e, despois dun momento de vacilación, dálle unha cotobelada a Pippin e di:
– Pip, se ollas cara o ceo, que ves?
– Estrelas.
– E iso que che di?
– Home, pois podo deducir moitas cousas.
– Como cales?
– Astronomicamente, que hai millóns de estrelas e potencialmente miles de millóns de planetas. Cronoloxicamente, que son as tres e media. Meteoroloxicamente, que mañá vai ser un bo día. Teoloxicamente, que Eru é todopoderoso e nós somos insignificantes. Astroloxicamente, que Saturno está na casa de Acuario e é un bo mes para os Piscis. Por que, meu querido amigo?
– Pippin, ti es parvo: ROUBÁRONNO-LA TENDA DE CAMPAÑA!

Frodo é unha persoa marabillosa. Un hobbit tranquilo e leal. Unha presenza agradable no piso, cando viviamos xuntos. Ademais, é un home culto, con gustos refinadísimos (ás veces) co que tiven e teño a sorte de ir a unha chea de filmes e concertos. Grazallas Frodo ♥.

Como bo hobbit, unha das súas maiores paixóns é a comida. Experto na elaboración de toda clase de doces, é famoso pola súa tarta de queixo ao forno. Espero que vos guste tanto coma a min (e a torta tamén).

Ingredientes:

  • 1 tarrina de queixo Philadelphia (300g)
  • 1 tarrina de queixo mascarpone (500g)
  • 200ml de nata
  • 150g de azucre
  • 3 ovos
  • 1 vaso de leite (150ml)
  • 1 cullerada de maizena
  • Base: galletas e manteiga (como 3/4 ou máis de paquete de digestive e un cacho de manteiga. Existen digestive sen glute!)

Elaboración:

  1. O primeiro paso sería tritura-las galletas e ir prequecendo o forno.
  2. Xuntamos todo (excepto a base de galletas, que iso vai aparte) e xa. Supoño que será igual cunha batidora eléctrica ou a man. Nós como témo-la termomix é literalmente meter todo dentro, batir durante medio minuto, sacar todo fóra e metelo ó forno.
  3. A base vai a ollo (as proporcións). Fundímo-la manteiga e compactamos ben coas galletas xa no molde da torta. Non ten que quedar enchoupada en manteiga, de feito precisa menos da que podería parecer.
  4. Botámo-lo resto da tarta por riba, e logo ao forno (prequecido) a 180ºC durante 45 minutos. Cando arrefríe, e, sen desmoldala aínda, metémola na neveira. E ten que quedar aí varias horas! A noite toda se pode ser.
  5. Eu (Frodo) adoito botarlle menos azucre, e o forno apagalo uns 5 minutos antes. Pero porque o noso forno (o seu) conserva moi ben a calor, entón queda aí ata que pare o ventilador.

Lembranzas:

Creo que vou intentar acompañar esta serie de receitas con algunha lembranza bonita que teña cos autores das mesmas. Ou con varias, quen sabe.

Alguns momentos felices que lembro son cando Frodo traía comida rica de casa os domingos á noite, e compartía connosco. Ou ese día da semana no que preparabamos tortilla de pataca e, se había sorte, unhas boas croquetas. Tamén as pisolículas, como as boto de menos.

Por último quería resaltar ese día no que, tirados no sofá, pasamos como 10 minutos escarallándonos da risa por un vídeo con sons de peidos. Chicos maduros, supoño xd.

Desde que escribín esta receita até que a publiquei, debo engadir algunha outra, como a visita que me fixo con Roque! Que os metín polo medio dunhas facultades descoñecidas (arquitectura ou algo así) e os levei a sitio raros por Lisboa adiante. Espero que o pasasen tan ben coma min juju.

Tamén as noites de Minecraft dos mércores, que ben me sentaba reunirme cos amigos aínda que fose noutro mundo paralelo.

Ou a churrascada deste verán, por exemplo, que me prestou moitísimo. Obrigado meu amigo.

Nun dos meus montes favoritos de Lixoboa, o campus do ISA. Marzo do 2024
No terceiro andar dun edificio random, que resultou ser un chinês clandestino (Deus que pelos levaba). Marzo do 2024

Unha opinión sobre “A Tarta de Queixo do Frodo

Deixar un comentario