Patacas Cocidas

,

Por que estou escribindo sobre como cocer unha pataca? Porque se me acabaron as ideas á séptima publicación? Non. Bueno, tamén.

Escribo porque se penso no meu avó xantando, non o podo imaxinar sen estas patacas. E agora que descubrín “o truco da avoa”, podo achegar algo a esta receita que doutro xeito sería trivial.

Ingredientes:

  • Patacas
  • Un chisco de sal

Elaboración:

  1. Pelamos (ou non), lavamos e cortamos as patacas.
  2. Metemos en auga fervendo que as cubra.
  3. Cocemos sen a tapa até que abranden, uns 20 minutos.
  4. Escurrimos a auga

Non esquezas…

O truco da avoa para que queden máis sequiñas: volver a poñer a pota uns segundos ao lume mentres sacudimos para que non se quemen.

Deixar un comentario