Cabaciña Rechea da Avoa

A cabaciña, ao igual que o cogombro, é boa para a memoria. Se non o credes, preguntádelle ao meu curmán [o resto do chiste non o vou deixar por escrito, pois este é un blogue público e para todas as idades].

Esta é unha receita con múltiples versións. O recheo que preparei hoxe era un pisto de verduras con xamón serrano, pero ben se pode cambiar por unha carne picada ou mesmo atún. Tamén o recipiente, trocando a cabaciña por unha berenxena, pemento, tomate ou cabaza.

Ingredientes:

  • Cabaciña
  • Xamón
  • Queixo
  • Sal e pementa
  • Cebola
  • Tomate, pemento, cenoria… Poden ser estes ou outros os vexetais para o Pisto

Elaboración:

  1. Lavamos ben e cortamos lonxitudinalmente a cabaciña.
  2. Coa axuda dunha culler, baleirámola (nada de tirar o interior, que tamén se emprega).
  3. Troceamos cebola, verduras (restos da cabaciña inclusive) e xamón.
  4. Sofritimos a cebola, engadimos o resto á tixola e salpimentamos.
  5. Mentres, prequecemos o forno a 180. Tras uns minutos, podemos introducir as cabaciñas baleiras e untadas en aceite para que se fagan un chisco.
  6. Por último, enchemos co pisto é cubrimos con queixo.

Non esquezas…

Que esta é unha das múltiples opcións, sempre te podes poñer creativo. Eu neste caso engadín unhas améndoas picadas que lle daban un toque crocante. Se che preocupa que non chegue o recheo, pensa que a cabaciña tampouco é tan enorme. E se pola contra te pasas, sempre podes tomar o pisto con pasta ou carne.

Eis unha pequena lista con outras posibles opcións:

Deixar un comentario