A Fabada da Lucía

– Oes, a ti gústanche as fabas con xamón?– Pois claro, e sen fabas tamén! Lucía é unha grande amiga, e, entre as súas boas cualidades, eu diría que destaca a súa paciencia (comigo). E, aínda que cando a coñecín, case non cociñaba, agora xa o fai mellor ca min! Agardo poder contar coa suaSeguir lendo “A Fabada da Lucía”

O Dahl da Carmen

Un xefe indio vai de incursión guerreira contra os inimigos da súa tribo. Como vai ser unha expedición que durará varias lúas, deixa o seu fillo ao cargo do poboado. Cando volve:– E dime, fillo, que ocorreu durante a miña ausencia?– Oh, sabio e valoroso pai, teño noticias boas e malas. Cales desexas ouvir primeiro?–Seguir lendo “O Dahl da Carmen”

As Receitas dos meus Amigos

Isto non é unha receita Pero… Artur, entón que é? E por que carallo a mandas aos subscriptores? E que é un amigo?? Tranquilidade. Agora explico. Estaba eu matinando sobre de onde podía sacar ideas para novas receitas. E pensei que, se pedise só unha a cada amigo que teño, tería, polo menos, 1 novaSeguir lendo “As Receitas dos meus Amigos”

Castañas

– A canto tes as castañas?– Cantas máis merques, máis baratas che saen.– Pois enche aí até que me saian gratis! Chego algo tarde, pero polo menos aínda estamos no tempo delas, oe. E ía dicir que non sei por que non comemos máis castañas, co ricas que están e o fácil que se preparan.Seguir lendo “Castañas”

Lentellas para Parvos

Por que as lentellas non xogan aos naipes? Porque teñen medo de que as deixen sen cartos. Pasei media hora pedíndolle chistes sobre lentellas ao ChatGPT e isto foi o mellor que conseguiu. Menudo inútil, non volvo preguntarlle ren. Eis a explicación que lle tiven que pedir, que é o realmente gracioso: Neste chiste fálaseSeguir lendo “Lentellas para Parvos”

Pisto con Ovo

Que pasa se metes un ovo no microondas? Ben, pido disculpas pola baixa calidade do chiste, pero é que bromas de pisto só atopei unha terriblemente sexista (podería tela adaptado pero paso). Así que quedades con este clásico. Esta receita, se cadra, era máis acaída para o inverno, pero iso non é o que importa.Seguir lendo “Pisto con Ovo”

Flores de Sabugueiro

É realmente complicado atopar chistes de sabugueiro, pero aquí van 2 datos curiosos: 1. A variña de Dumbledore estaba feita coa madeira desta planta. 2. En portugués, curiosamente, tamén se lle chama sabugueiro. E máis un chiste dun usuario de twitter que se chama Sauco: -Por que contestas a todo con monosílabos? Estás enfadado?-Monosílabos. OnteSeguir lendo “Flores de Sabugueiro”

Ensalada de Wakame e Cogombro

Cliente: Este cogombro está modificado xeneticamente?Tendeiro: E lo? Por que o preguntas?Cogombro: Xa, por que o dis? A ver, non é que sexa unha receita moi complicada, pero está perfecta se non sabes que facer coas algas que che sobraron do prato de Shitake á Feira. E ademais de sinxela é rápida, que máis seSeguir lendo “Ensalada de Wakame e Cogombro”

Coliflor Gratinada

Un día, dous cachos de Coliflor, que eran mellores amigos, estaban andando xuntos pola rúa. Baixaron da beirarrúa para cruzar polo paso de peóns, pero xusto un coche virou a esquina a toda velocidade, e sen tempo para frear, levou por diante a un deles. O outro cacho, chamou no momento ao 112, e axudouSeguir lendo “Coliflor Gratinada”