Por que os franceses comen caracois? Porque non lles gusta a comida rápida. E porque son todos parvos.
Esta receita, fresca e ideal para o verán, debe o seu nome á cidade de Vichy, capital da democracia. E a súa branca cor débese ao amor dos gabachos por este pigmento.
Ingredientes:
- 4 porros (só empregaremos a parte branca)
- 1 cebola
- 3 patacas
- Caldo de ave, vexetal ou auga
- Unha noz de manteiga
- Sal e pementa
- 100ml de tona ou leite
Elaboración:
- Limpamos ben os porros (eu ábroos parcialmente cun corte lonxitudinal que comeza algo por debaixo do verde). Retiramos as partes verdes, que podemos empregar noutro prato coma unha sopa.
- Cortamos os porros, as patacas e a cebola.
- Nunha pota a lume baixo refogamos a cebola e os porros cun pouco de aceite (ou manteiga).
- Cando abranden, engadimos as patacas e salpimentamos, refogando o conxunto.
- Agora cubrimos co líquido escollido e cocemos por uns 20 minutos.
- Pasado ese tempo, retiramos unha parte do líquido, que reservamos por se queda espesa de máis.
- Vertemos o leite ou tona e batemos.
- Por último introducimos na neveira para que arrefríe.
Non esquezas…
Que cando fagas cremas con pataca, non as cortes: mellor que as “chasques”. Isto é, para cortar un pedazo introduce o coitelo ata a metade do camiño. Despois arranca o trozo facendo panca co propio utensilio. Isto faise deste xeito para que libere máis amidón.
2 pensamentos sobre “Vichyssoise”