Cuscús con Pisto e Pasas

Certamente existen un monte de receitas con cuscús similares a esta. Pero é todo casualidade, pois esta é froito da máis absoluta xenialidade.

É dicir, estabamos en casa con pouco tempo e con moitas verduras que había que comer. Mesturamos todo e máis e saíu isto. Xa lles gustaría aos chefs ter esta inspiración divina e capacidade creativa de meu pai.

Ingredientes:

  • Couscous
  • Cebola
  • Pemento
  • Tomate (se son tomates cherry queda aínda mellor)
  • Cabaciña
  • Cenoria
  • Uvas pasas
  • Herba luísa
  • Curry
  • Pementa
  • Salsa de soia
  • Salsa de peixe (se non dispós dalgunha destas salsas non pasa nada, non leva grandes cantidades delas)

Elaboración:

  1. Nun wok (ou nunha pota) sofriximos a cebola.
  2. Engadimos as verduras cortadas e as uvas.
  3. Agora esparexemos un pouco de pementa, curry e herba luísa ou herba limón. Vertemos tamén un chorriño de cada salsa (non moito que son fortes). Se non temos ningunha, un chisco de sal.
  4. Cando estea rematando de cociñarse, facemos o cuscús nun bol. Normalmente botariamos a mesma cantidade de sémola que de auga, mais imos usar menos líquido, e así rematará de facerse co do pisto.
  5. Por último, engadimos o cuscús ao wok, remexemos e nun minutiño retiramos.

Deixar un comentario