Lasaña do Aarón

Ademais de ser o novo xefe do audiovisual galego, e de ser o director máis xove en ser nominado na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Cans; Aarón é un excelente e creativo chef.

Se che gusta o queixo pero cres que metelo só ao forno é pasarse, prometo que esta receita non che vai decepcionar, pois leva inxentes cantidades del.

Ingredientes:

  • Placas de lasaña
  • 2 cebolas
  • 2 cenorias medianas
  • Un pau de apio
  • Tomate triturado
  • Medio quilo de carne picada (mestura)
  • Sal, pementa, ourego, noz moscada
  • 2 vasos de viño branco
  • 125g de manteiga
  • 125g de fariña
  • 1L de leite (máis ou menos)
  • Bastante queixo relado (ou non)

Elaboración:

  1. Picamos ben fino a cebola, a cenoria e o apio.
  2. Sofritimos as verduras.
  3. Mentres, deixamos as placas a remollo.
  4. Agora engadimos a carne á tixola.
  5. Salpimentamos e botamos o ourego.
  6. Cando estea máis marronciña a carne, vertemos un vaso de viño, e bebemos o outro.
  7. Cando evapore o alcohol, botamos o tomate (abondo).

Mentres, preparamos o BECHAMEL:

  1. Nunha pota poñemos a manteiga a derreter.
  2. Engadimos a fariña e remexemos ben.
  3. Imos vertendo o leite aos poucos mentres batemos (cun batedor ou cunhas varas).
  4. Engadimos un chisco de sal, noz moscada e pementa.
  5. Seguimos batendo até que espese, compensando con máis leite ou fariña.

Agora a MONTAXE da Lasaña:

  1. Prequecemos o forno.
  2. Pintamos o fondo da fonte para o forno cun pouco de Bechamel (para que non se pegue).
  3. Poñemos unha capa de placas, unha de carne e cubrimos con queixo.
  4. Repetimos.
  5. Tapamos con máis placas.
  6. Rematamos poñendo o bechamel e máis queixo.
  7. Por último, metémola 15 minutos no forno a 180 ºC. Os primeiros minutos tapamos con papel de aluminio para que o queixo non se queime.

Unha opinión sobre “Lasaña do Aarón

Deixar un comentario