Pois supoño que haberá que poñer 3 chistes ou que? Ademais, xa postos, en linguas diferentes:
Sabías que el Aguacate es 50% agua? Y el otro 50% cate 🙂
What do you say to an avocado who’s done a great job? Bravocado!
+Vai lá no mercado e traz um leite, se tiver abacate traz seis.
-Tinha abacate *diz carregando com seis garrafas de leite nas mãos*.
Agora que xa me estades odiando por facer esa clase de chistes 0 elaborados (busquei Chistes de aguacate en internet en cada idioma), aquí van as receitas. E deixo un video ao final para que aprendades a cortar un aguacate sen cagarvos enriba ♥
Filloas con Aguacate
Ingredientes:
- Filloas
- Aguacate
- Sal
- Aceite
- Se non estás a gusto co crime que vas cometer, podes empeoralo cambiando os 2 anteriores por Mel 🙂
Elaboración:
- Cortamos en láminas non moi grosas un cuarto de aguacate e poñémolas sobre a filloa.
- Dámoslle un toque de sal e un chorriño de aceite (ou un pouco de mel).
- Dobramos a filloa coma se dun burrito se tratase e listo!
Vitamina de Abacate
Ingredientes:
- Um abacate
- Leite (no verão você pode congelá-lo antes)
- Açúcar (opcional troque por mel)
Elaboración:
- Descascamos o abacate.
- Colocamos todos os ingredientes no liquidificador, batemos emulsificando bem e está pronto para servir.
Esta receita tem muitas variações: você pode trocar o leite por iogurte, kefir, creme de leite e leite condensado ou até mesmo chá verde! Só não esqueça que o albacate não tem um sabor muito forte, e é o mais importante nesta receita.
Torrada con Aguacate
Ingredientes:
- Aguacate
- Pan ou un bagel (se é caseiro mil veces mellor)
- Aceite e sal (ou algunha outra fantasía de salsa que teñas por casa)
Elaboración:
- Cortamos o aguacate en láminas e pelámolo.
- Torramos o pan e poñemos o aguacate enriba.
- Botamos o sal e aceite e listo.
Esta é a versión básica, ti logo xa lle pos o que che apeteza, como xamón, mostaza, salsa de curry e mango… que sei eu.