En que se parecen Popeye e Hulk? En que os dous cagan verde.
Esta receita de pasta fresca é ridículamente sinxela, e, ademais, está boísima. Así que deixa de comer tanta pasta de marca blanca e faite este rico prato 🙂
Ingredientes:
- 300g de fariña
- 120-150g de espinacas
- 2-3 ovos
- Un chisco de sal
- Unha culleradiña de aceite
Elaboración:
- Na verdade esta é unha pasta que se podería facer únicamente con espinacas e fariña, tendo que usar máis verdura nese caso. Bastaría con triturar as espinacas e logo, no mesmo procesador, botar a fariña aos poucos. Pero hai que ir con tino se non é moi boa a máquina.
- Se optamos por algo un chisco máis elaborado, primeiro trituramos igualmente todo menos a fariña nalgún procesador de alimentos/vaso de bater…
- Aínda que se podería facer o de mesturalo ca batedora, case mellor integralo nun bol, engadindo a fariña até que a masa non estea moi pegañenta.
- Deixámola repousar por media hora ou máis, e logo cortámola nun par de cachos e dámoslle forma de churro.
- Por último basta ila cortando cunhas tesoiras sobre auga fervendo (tamén podes facer tallaríns, pero leva máis traballo).
Non esquezas…
Gardar un chisco de auga da cocción por se logo lle fas algunha salsiña ou un pesto rico que precises soltar un pouco e integrar mellor.