Un antropólogo está realizando uns estudos nunha tribu africana cando é chamado polo xefe da tribo, quen lle di moi enfadado:
– Ven aquí antropólogo, naceu un meniño branco na tribo!
O antropólogo intenta quitar o morto de enriba, e responde sinalando cara o rabaño de ovellas:
– Xefe, en cuestión de xenética todo é posible. Mire ese rabaño de ovellas brancas, ve vostede que entre elas naceu unha ovella negra?
O xefe, todo acorado, dille:
– Está ben, señor antropólogo. Eu non digo nada do raparigo branco e ti non dis nada da ovella negra.
É difícil non caer en chistes racistas cando buscas chistes de africanos. Polo menos molesteime en cambiar as intervencións do xefe para que non falase con infinitivos coma os indios nas películas.
Esta receita é verdadeiramente unha cousa. Non se me ocorre outro xeito de describila. Non sabe moito, así que está perfecto como gornición. Ou tamén lle podes botar especias e darlle o sabor que ti queiras! Se cadra podería parecerse a un puré de pataca pero moito máis denso. Tamén quero avisar de que enche moito. E cando digo moito, digo Moito.
Ingredientes:
- 1 iuca ou mandioca ou como se chame
- 1 platano verde destes de fritir
- sal
Elaboración:
- Primeiramente pelamos a iuca e o platano, e cortámolos en toros de 1-2 cm.
- Nunha pota con auga e un chisco de sal cocémolos por uns 25-30 minutos, até que abranden.
- Escoámolos e triturámolos ben cun procesador de alimentos (ou se non cunha batedora). Podemos engadir unha pouca auga se vemos que queda demasiado denso. Neste punto hai quen dá por finalizada a receita e hai quen engade os pasos 4 e 5. A vez que o fixen tampouco notei moita diferenza.
- Volvemos colocar a masa na pota e volvemos cociñar a lume baixo sen deixar de remexer por uns 10 minutos. Neste tempo farase máis líquida.
- Deixamos que repouse por media hora, para que arrefríe e compacte un pouco.
- O último paso sería, unha vez arrefeza o suficiente, mollarmos as mans para que non se pegue e facer bólas con el. Tamén se pode envolver en film para que quede ben lindiño, e supoño que até se poderá conxelar así.
Non esquenzas que…
Esta receita está tan extendida por África e ata América Latina, que existen mil e unha variantes: sen o plátano, cambiando a iuca por outro tubérculo, con sémola…