Crema de Cabaza ao Curry

O sujeito está voltando para casa, a pé, próximo da meia- noite, depois de ter rodado por todos os bares do bairro. Ele está excitado e só quer saber de dar uma trepada. Ele passa por uma banca de frutas e seu espírito começa a viajar… Uma abóbora… É macio por dentro, e úmido… E não tem ninguém por perto… Pronto, ele compra uma abóbora, e faz nela um buraco de tamanho adequado, e começa uma transa com… a abóbora!
Ele já está no seu ofício já a algum tempo e não percebe quando chega uma viatura da polícia. O guarda se aproxima e diz:
– O senhor percebeu o que está fazendo? Está tendo relações sexuais com uma abóbora!
O sujeito em pânico pensa numa resposta adequada. Ele se volta para o guarda e lança:
– Uma abóbora? Não me diga que passou da meia noite!

Mima mima mima, que non me da tempo a publicar isto a tempo para as receitas dos luns. Bueno, aí vos vai a receita de hoxe, que está boísima. Que xa sei que estades cansos de saír de festa e ter que levar o brick de crema de cabaza do súper. Bueno, e creo que o chiste, aínda que non me deu tempo a traducilo, vai que nin pintado para a receita e o contexto da súa publicación :). Digamos que este non é o único traballo que entreguei a última hora nestes días. E xa sei que podía ter escrito a receita antes de poñerme a facer a crema, pero por unha vez non copiei ao pé da letra ao Comidista😎.

Ingredientes:

  • 1 cabaza (mediana)
  • 1 cebola (grande)
  • 1 porro
  • 2 cenorias
  • (opcional: 1 boniato)
  • 1 pedazo de xenxibre
  • 1 mazá
  • 1L de auga (ou de caldo de verdura)
  • Medio tarro de leite de coco (200ml)
  • 2 culleradas de pasta de curry (ou fai ti a túa mestura de curry ao gusto)
  • Aceite
  • Sal
  • Zume de lima

Elaboración:

  1. Comezamos pelando e quitándolle as pebidas á cabaza. Cortámola en cachos non moi pequenos pero tampouco grandes (1.5/2 cm de lado).
  2. Nunha pota/wok grande, dourámola (nun par de tandas se é moita cabaza ou pouca pota) a lume medio-forte até que caramelizen lixeiramente os bordos. Reservamos e salámola lixeiramente.
  3. Pelamos e picamos (tampouco ten que ser fino) a cebola, porro, cenorias e xenxibre. E a mazá (e boniato) cortámola en dados.
  4. Salamos e refogamos na tarteira durante uns 10 minutos a lume medio-suave.
  5. Diluimos a pasta de curry cun pouco viño branco (ou auga) e integrámolo todo ben co resto de verduras.
  6. Xuntamos a cabaza e máis a auga (o do litro é aproximado, ti bota até case cubrir). Se non estás seguro, ti bota auga de máis.
  7. Sacámolo do lume. Se ten bastante auga podemos retirar unha cunca, e logo se ao final queda espeso, ir engadíndoa. Botamos o leite de coco e trituramos ben.
  8. O paso final (opcional, pero que queda de marabilla) sería o emplatado, cun pouco coandro picado e un chorriño de zume de lima.

Buscando chistes ás présas atopei esta páxina e fíxome graza.

E aquí vos quedan un par de chistes graciosos máis en brasileiro, moi bos:
O picolé de abóbora. O paulista e o mineiro

Deixar un comentario