O cura do pobo tiña un horto detrás da igrexa. Un día, o sacristán dille:– Padre, as cabaciñas medran como pecados.E o cura respondeu:– Entón mañá predicarei sobre o arrepentimento… e farei crema de cabaciña. Un día en instagram saiume esta receita e, aínda que non acababa de crer que estivese tan boa, gardeina. UnhasSeguir lendo “Biscoito de Cabaciña”
Arquivos de autor:Artur
Caldo Verde
– Camareiro! Desculpe, pero hai unha mosca no meu caldo!– Non se preocupe, señor. Non vai beber moito. É curioso como este prato tan simple e sinxelo, é á vez tan rico e aconchegante. A súa versión máis minimalista, a que recolle o “Livro do Pantagruel” (a Biblia da culinaria portuguesa), é só pataca, verza,Seguir lendo “Caldo Verde”
Zonchos
Un pai escoita á súa filla dici-las súas oracións antes de deitarse. A filla di:– Deus bendiga a mamá, Deus bendiga a papá, Deus bendiga á avoa e Adeus ao avó.O pai di:– Adeus avó? Por que dis iso?– Só porque me deu a gana. Ao día seguinte, o avó cae morto. O pai nonSeguir lendo “Zonchos”
A Tarta de Queixo do Frodo
Merry e Pippin van acampar ao bosque, para relembra-los vellos tempos. Durante a noite, Merry esperta e, despois dun momento de vacilación, dálle unha cotobelada a Pippin e di:– Pip, se ollas cara o ceo, que ves?– Estrelas.– E iso que che di?– Home, pois podo deducir moitas cousas.– Como cales?– Astronomicamente, que hai millónsSeguir lendo “A Tarta de Queixo do Frodo”
Torta de Santiago
– Meu, ao final atopei traballo!– Que ben! Onde?– En Santiago.– Home, iso supoñía, pero de que?– De Compostela! A verdade é que esta non é unha receita moi complicada. Parece que ten moitos pasos, pero moitos son opcionais. De feito, se a reducísemos ao mínimo, podería facerse con só 3 ingredientes. Pero tampouco lleSeguir lendo “Torta de Santiago”
Marmelada de Mazá
– Xurxiño, cando é o mellor momento para recolle-las mazás? – Cando o dono da leira non está! Volvín! Despois dun verán no que non acouguei, agora que xa comezou o curso, por fin teño unha excusa para retomar este blogue: non estudar. Non sei se terei moito tempo como para darlle a continuidade queSeguir lendo “Marmelada de Mazá”
Os Arancine da Martina
Estaba eu tendo dificultades para atopar un chiste relacionado con Italia minimanente decente, e non había maneira. Até que lembrei un clásico. Completen nos comentarios: “Por que a Torre de Pisa está inclinada?” O sábado fixen os dous últimos exames do Erasmus (espero), e menos mal, porque xa non me quedaban receitas programadas. Na verdade,Seguir lendo “Os Arancine da Martina”
Iogur Caseiro
Os meus compañeiros de traballo sonche ben rariños. Levan un tempo poñéndolles nomes á comida que hai na neveira. Hoxe, por exemplo, papei un iogur que se chamaba “Xoán”. Non sei se isto é unha receita, porque tampouco sei se lle chamaría cociñar á elaboración de iogur. Pero últimamente sinto que este blogue tampouco éSeguir lendo “Iogur Caseiro”
Polbo á Feira
Que é o mellor que podes comer cun polbo? Se realmente queres facelo feliz: levao á pizzería. Encántalles a comida italiana! Nunca preparara polbo na miña vida. E non por que non me gustase, pero é que está carísimo! Porén, este ano atopei métodos alternativos de financiamento, e xa o tomei un par de veces.Seguir lendo “Polbo á Feira”
A Fabada da Lucía
– Oes, a ti gústanche as fabas con xamón?– Pois claro, e sen fabas tamén! Lucía é unha grande amiga, e, entre as súas boas cualidades, eu diría que destaca a súa paciencia (comigo). E, aínda que cando a coñecín, case non cociñaba, agora xa o fai mellor ca min! Agardo poder contar coa suaSeguir lendo “A Fabada da Lucía”