3 Ideas para un Aguacate

Pois supoño que haberá que poñer 3 chistes ou que? Ademais, xa postos, en linguas diferentes: Sabías que el Aguacate es 50% agua? Y el otro 50% cate 🙂 What do you say to an avocado who’s done a great job? Bravocado! +Vai lá no mercado e traz um leite, se tiver abacate traz seis.Seguir lendo “3 Ideas para un Aguacate”

Filloas Doces

Quería comezar con algo gracioso ou interesante, pero non se me ocorría nada. Así que entrei na Wikipedia: “A filloa é denominada polos franceses co nome de crêpe”. Está claro. A Wikipedia non ten nin puta idea. Este doce típico do entroido entra ben en calquera momento do ano. E aínda que en cada casa se fan diferentesSeguir lendo “Filloas Doces”

3 Xeitos de Preparar Avea

Sabiades que estas gramíneas con sementes alongadas, que se lanzan e quedan enganchadas na roupa, son avea brava (avea bouba)? O que aprende un cando ten un blogue de comida. Ah, e non comades esa avea, case mellor. Nesta publicación vou recoller 3 xeitos ben sinxelos de preparar os flocos de avea, un alimento cunSeguir lendo “3 Xeitos de Preparar Avea”

Navallas á Prancha

Hoxe traio un prato típico do barrio de Vite: navallas. É broma, alí non consomen cousas tan sas, só se drogan. Agora en serio, coñezo a xente de aló que é simpática, así que esta publicación vai na súa memoria. Esta é unha receita tan rápida e sinxela que parece mentira que poda estar tanSeguir lendo “Navallas á Prancha”

Pasta Gratinada con Cabaza e Espinacas

Velaquí outra receita que lle roubo ao Comidista sen darlle créditos e sen tan sequera molestarme en poñer unha ligazón ao artigo orixinal, porque os contidos non se crean sós. É brincadeira, tédela aquí por se non vos fiades do meu copia e pega. Gracias Mikel por darme ideas tan boas e tan ricas ♥.Seguir lendo “Pasta Gratinada con Cabaza e Espinacas”

Paté de Mexillóns

Estaba eu pensando en que chiste sobre mexillóns podía poñer aquí, pero o único que sei xa o usei noutra publicación. Como estaría feo repetir chiste, esta receita non vai levar ningún, pero deixo a ligazón á outra, para que o leades vós mesmos. Este entrante é ideal se queres facer unha cea con aspectoSeguir lendo “Paté de Mexillóns”