A pizza é coma o fascismo: inventouse en Italia e encántalles aos americanos. E en ningún dos dous quedan ben as xudías. Chega a noite e non tes plan mellor ca tirarte no sofá a ver unha peli… ou non! No tempo que invitas a un par de amigos, deixa levedando esta masa e sorpréndeosSeguir lendo “A Pizza da Madriña”
Arquivos de autor:Artur
Requeixo con Mel e Noces
Vaia receita máis cutre 😦 . Creo que excusaba poñer os ingredientes e a elaboración, e deixar só o título. Bom, así ocupo un pouco máis de espazo :). Queres facer un almorzo especial para unha persoa especial? Tes un xantar espectacular pero a sobremesa é aburrida e deprimente? Pois xa tes a solución! EsteSeguir lendo “Requeixo con Mel e Noces”
Natillas
É probable que faga tanto tempo que non tomas unhas natillas de verdade, que cando probes isto non recoñezas o sabor. Así que deixa de mercar Natillas Danet e ponte a cociñar!! Esta receita é extremadamente rápida e sinxela. E se a única excusa que vas poñer é que a vainilla é moi cara, nonSeguir lendo “Natillas”
Cuscús con Pisto e Pasas
Certamente existen un monte de receitas con cuscús similares a esta. Pero é todo casualidade, pois esta é froito da máis absoluta xenialidade. É dicir, estabamos en casa con pouco tempo e con moitas verduras que había que comer. Mesturamos todo e máis e saíu isto. Xa lles gustaría aos chefs ter esta inspiración divinaSeguir lendo “Cuscús con Pisto e Pasas”
Pasta Fresca ou Seca
Pouco se fala de que este ano os mafiosos dos italianos gañaron Eurovisión e a Eurocopa. Di ti que non foron os pailáns dos franceses. E que polo menos teñen comida rica, non coma os ingleses. A pasta é a comida do estudante por antonomasia: rápida, rica e alimenta ben. Mais probablemente nunca imaxinaches queSeguir lendo “Pasta Fresca ou Seca”
Vichyssoise
Por que os franceses comen caracois? Porque non lles gusta a comida rápida. E porque son todos parvos. Esta receita, fresca e ideal para o verán, debe o seu nome á cidade de Vichy, capital da democracia. E a súa branca cor débese ao amor dos gabachos por este pigmento. Ingredientes: 4 porros (só empregaremosSeguir lendo “Vichyssoise”
Empanada de Mexillóns do Aarón
Aarón é un rapaz que estuda cine. Aarón é unha persoa que non se conforma con nada. Por iso, el sabe que non vai rematar traballando de camareiro: Aarón sabe que ten un posto asegurado na cociña. Esta receita, se ben é longa, merece a pena. É ideal para levar a rodaxes, e que todosSeguir lendo “Empanada de Mexillóns do Aarón”
Pementos de Padrón
+Manolo, que fas?-Aquí, pescando.+E que usas de cebo?-Pementos de Padrón!+E van ben?-Pois… Probablemente non atopes esta receita moi útil pero… Alguén che preguntou? Ah, pensei. Así que deixa de ir de sabichón e goza desta sinxela e rápida receita. Ideal para completar o menú cando non fixeches (ou non queda) comida abondo. Ingredientes: Pementos deSeguir lendo “Pementos de Padrón”
Sándwich Mixto 2.0
É outra deprimente noite de inverno. E ti tes que pensar no que vas cear hoxe. Que preguiza, non? Cantas ceas teremos que imaxinar e preparar ao longo das nosas vidas? Case dan ganas de tomar un iogurte e ir durmir. Ou de preparar un triste sándwich para que pareza unha cea. Pero… e seSeguir lendo “Sándwich Mixto 2.0”
Protexido: Sándwich Mixto 2.0
Non hai extracto porque este é un artigo protexido.