Un pai escoita á súa filla dici-las súas oracións antes de deitarse. A filla di:– Deus bendiga a mamá, Deus bendiga a papá, Deus bendiga á avoa e Adeus ao avó.O pai di:– Adeus avó? Por que dis iso?– Só porque me deu a gana. Ao día seguinte, o avó cae morto. O pai nonSeguir lendo “Zonchos”
Arquivo de categoría:Almorzo
Iogur Caseiro
Os meus compañeiros de traballo sonche ben rariños. Levan un tempo poñéndolles nomes á comida que hai na neveira. Hoxe, por exemplo, papei un iogur que se chamaba “Xoán”. Non sei se isto é unha receita, porque tampouco sei se lle chamaría cociñar á elaboración de iogur. Pero últimamente sinto que este blogue tampouco éSeguir lendo “Iogur Caseiro”
A Fabada da Lucía
– Oes, a ti gústanche as fabas con xamón?– Pois claro, e sen fabas tamén! Lucía é unha grande amiga, e, entre as súas boas cualidades, eu diría que destaca a súa paciencia (comigo). E, aínda que cando a coñecín, case non cociñaba, agora xa o fai mellor ca min! Agardo poder contar coa suaSeguir lendo “A Fabada da Lucía”
Papas de Millo
O psiquiatra ao tolo recén curado: – Mateo, xa podes ir á casa. – É mellor que quede aquí. – Por que? Aínda cres que es un gran de millo? – Non. – Entón? – Eu sei que non o son, pero como podo estar seguro de que as galiñas o saben? Nos tempos daSeguir lendo “Papas de Millo”
Galletas de Tona
– Mamá, mamá, podes darme unha galleta? – Neniño, telas enriba da neveira. – Pero mamá, non teño brazos… – Pois se non hai brazos, non hai galletas! Non sei ti, pero eu non coñezo moitas receitas con tan poucos ingredientes, tan sinxelas e tan marabillosas en xeral. Ademais, duran un montón (se as gardadesSeguir lendo “Galletas de Tona”
Papas Andaluzas
Vai un cura correndo porque o persegue un león cando, de súpeto, decide axeonllarse e berra, suplicando:– Señor, por favor, pídoche que este león se volva cristiano.Entón, milagrosamente, o animal detén a súa carreira, axeónllase xunto a el e pronuncia:– Señor, bendice estes alimentos que vou consumir. Despois de ler 7 páxinas web con chistesSeguir lendo “Papas Andaluzas”
Rosquillas de Antroido
Chega a semana de Antroido, e un dos días, os rapaces teñen que ir disfrazados de verdura á clase. Entón aparece Xoel cunha flor no cu. A profesora, perplexa, pregunta:– De que ves disfrazado, Xoel?– De culiflor! Bueno, esta é a versión básica, pero hai miles de versións, coma os melindres estes que están cubertosSeguir lendo “Rosquillas de Antroido”
Arroz Doce
– Quanto é o cafezinho?– 2 reais.– E o açúcar?– O açúcar a gente não cobra.– Então pode me dar 2 quilos, por favor? Esta receita é coma o arroz con leite pero mellor, porque é portuguesa. E que hai mellor ca Portugal? Probablemente nada. O Brasil está aí aí, pero como aínda non estivenSeguir lendo “Arroz Doce”
A Avea de Obama
Avoa, son o delegado da clase! Normal, co pouco que comes. Fágoche unha costilleta?? Xa sei que xa teño outra publicación con receitas coa avea, pero editala era moito traballo, así que velaquí outra 🙂 Ingredientes: Elaboración: Non esquezas que… Nestas receitas o seu é poñerse creativo. Se lle queres engadir máis especias (pementa, xenxibre…)Seguir lendo “A Avea de Obama”
3 Xeitos de Preparar Avea
Sabiades que estas gramíneas con sementes alongadas, que se lanzan e quedan enganchadas na roupa, son avea brava (avea bouba)? O que aprende un cando ten un blogue de comida. Ah, e non comades esa avea, case mellor. Nesta publicación vou recoller 3 xeitos ben sinxelos de preparar os flocos de avea, un alimento cunSeguir lendo “3 Xeitos de Preparar Avea”