Estaba eu tendo dificultades para atopar un chiste relacionado con Italia minimanente decente, e non había maneira. Até que lembrei un clásico. Completen nos comentarios: “Por que a Torre de Pisa está inclinada?” O sábado fixen os dous últimos exames do Erasmus (espero), e menos mal, porque xa non me quedaban receitas programadas. Na verdade,Seguir lendo “Os Arancine da Martina”
Arquivo de categoría:Cea
Iogur Caseiro
Os meus compañeiros de traballo sonche ben rariños. Levan un tempo poñéndolles nomes á comida que hai na neveira. Hoxe, por exemplo, papei un iogur que se chamaba “Xoán”. Non sei se isto é unha receita, porque tampouco sei se lle chamaría cociñar á elaboración de iogur. Pero últimamente sinto que este blogue tampouco éSeguir lendo “Iogur Caseiro”
Tortilla de Miolo
– Xa non me escoitas cando che falo, Maruxa.– O que che apeteza, cariño. Unha tortilla ou o que che veña ben, tampouco teño moita fame. Tranquilos, miolo o do pan, non o que a xente adoita ter na cabeza. Aínda que se cadra tampouco sabe mal o outro, quen sabe… Ah si, e seSeguir lendo “Tortilla de Miolo”
Papas de Millo
O psiquiatra ao tolo recén curado: – Mateo, xa podes ir á casa. – É mellor que quede aquí. – Por que? Aínda cres que es un gran de millo? – Non. – Entón? – Eu sei que non o son, pero como podo estar seguro de que as galiñas o saben? Nos tempos daSeguir lendo “Papas de Millo”
O Salmón do Papai
-Camareiro, o salmón vén só?-Non ho, tráiocho eu! Que si, que vale, que xa sabedes facer salmón, que é moi sinxelo. Pero é que en primeiro lugar: dáme igual. En segundo lugar hai moi poucas receitas con peixe no blogue, así que é a excusa perfecta. E en terceiro, esta é unha desas receitas testimoniais,Seguir lendo “O Salmón do Papai”
Papas Andaluzas
Vai un cura correndo porque o persegue un león cando, de súpeto, decide axeonllarse e berra, suplicando:– Señor, por favor, pídoche que este león se volva cristiano.Entón, milagrosamente, o animal detén a súa carreira, axeónllase xunto a el e pronuncia:– Señor, bendice estes alimentos que vou consumir. Despois de ler 7 páxinas web con chistesSeguir lendo “Papas Andaluzas”
Arroz con Algas e Cogumelos
Dúas algas conversando:– Meu marido é un durmiñón! Chega á casa e xa corre para a cama!E a outra:– Pois meu todo o contrario… El non vai durmir sen facer algo😳! Pois ao final si que conseguín publicar a tempo. Para nada escribín isto o martes pola mañá. Non é que estea volvendo ao arcoSeguir lendo “Arroz con Algas e Cogumelos”
Shitake á Feira
A mamá polbo ao seu fillo:-Imos cruzar a estrada: dáme a man, dáme a man, dáme a man, dáme a man, dáme a man, dáme a man, dáme a man, dáme a man. Esta receita está moi ben. Non tan ben coma o polbo á feira, pero a textura é bastante similar. O sabor nonSeguir lendo “Shitake á Feira”
Fufú
Un antropólogo está realizando uns estudos nunha tribu africana cando é chamado polo xefe da tribo, quen lle di moi enfadado:– Ven aquí antropólogo, naceu un meniño branco na tribo!O antropólogo intenta quitar o morto de enriba, e responde sinalando cara o rabaño de ovellas:– Xefe, en cuestión de xenética todo é posible. Mire eseSeguir lendo “Fufú”
Pan Naan
Sabiades que se buscas chistes de indios en google aparecen principalmente dos indíxenas americanos? É racista poñer un chiste deses nunha receita hindú? Non creo, porque o importante é deixar como parvos aos colonizadores 🙂 – Soldados! Precisamos voluntarios! O exército pide a vosa axuda. Tedes que ir ao territorio dos indios e por cadaSeguir lendo “Pan Naan”