Caldo Verde

– Camareiro! Desculpe, pero hai unha mosca no meu caldo!– Non se preocupe, señor. Non vai beber moito. É curioso como este prato tan simple e sinxelo, é á vez tan rico e aconchegante. A súa versión máis minimalista, a que recolle o “Livro do Pantagruel” (a Biblia da culinaria portuguesa), é só pataca, verza,Seguir lendo “Caldo Verde”

Os Arancine da Martina

Estaba eu tendo dificultades para atopar un chiste relacionado con Italia minimanente decente, e non había maneira. Até que lembrei un clásico. Completen nos comentarios: “Por que a Torre de Pisa está inclinada?” O sábado fixen os dous últimos exames do Erasmus (espero), e menos mal, porque xa non me quedaban receitas programadas. Na verdade,Seguir lendo “Os Arancine da Martina”

Polbo á Feira

Que é o mellor que podes comer cun polbo? Se realmente queres facelo feliz: levao á pizzería. Encántalles a comida italiana! Nunca preparara polbo na miña vida. E non por que non me gustase, pero é que está carísimo! Porén, este ano atopei métodos alternativos de financiamento, e xa o tomei un par de veces.Seguir lendo “Polbo á Feira”

Pastel de pastor do Jorge

– Que é o que queremos?– Agora!!!– E cando o queremos???– Viaxes no tempo! Paréceme fatal que ata hai cousa dun ano non coñecese a Jorge, podedes crelo? E tampouco sabía que chiste poñer até que lembrei que el mesmo me plastificara un! Que gran amigo é, e que marabillosa persoa. Obrigado por terme acompañadoSeguir lendo “Pastel de pastor do Jorge”

O Ragù do Lorenzo

O fillo do carabiniero:– Papá, por que toda a xente fai bromas connosco? Xa estou farto de que rían dos carabinieri na escola!– Éche o que hai, fillo. É a nosa cruz. Pero é que entre os carabinieri hai algúns que teñen a cabeza un pouco dura (e mentres di isto, dá un par deSeguir lendo “O Ragù do Lorenzo”

O Dahl da Carmen

Un xefe indio vai de incursión guerreira contra os inimigos da súa tribo. Como vai ser unha expedición que durará varias lúas, deixa o seu fillo ao cargo do poboado. Cando volve:– E dime, fillo, que ocorreu durante a miña ausencia?– Oh, sabio e valoroso pai, teño noticias boas e malas. Cales desexas ouvir primeiro?–Seguir lendo “O Dahl da Carmen”

Polo á Soia e Mel do Daniel

Sabes onde podes atopar un polo sen patas? No mesmo lugar onde o deixaches. Con esta publicación, dou inicio á serie de Receitas dos Meus Amigos, que irán alternando de xeito aleatorio coas miñas propias. Paréceme perfecto comezar con esta porque capta exactamente a idea que inicialmente tiven: elaboracións propias da etapa estudantil, froito dasSeguir lendo “Polo á Soia e Mel do Daniel”

Lentellas para Parvos

Por que as lentellas non xogan aos naipes? Porque teñen medo de que as deixen sen cartos. Pasei media hora pedíndolle chistes sobre lentellas ao ChatGPT e isto foi o mellor que conseguiu. Menudo inútil, non volvo preguntarlle ren. Eis a explicación que lle tiven que pedir, que é o realmente gracioso: Neste chiste fálaseSeguir lendo “Lentellas para Parvos”

O Salmón do Papai

-Camareiro, o salmón vén só?-Non ho, tráiocho eu! Que si, que vale, que xa sabedes facer salmón, que é moi sinxelo. Pero é que en primeiro lugar: dáme igual. En segundo lugar hai moi poucas receitas con peixe no blogue, así que é a excusa perfecta. E en terceiro, esta é unha desas receitas testimoniais,Seguir lendo “O Salmón do Papai”

Pisto con Ovo

Que pasa se metes un ovo no microondas? Ben, pido disculpas pola baixa calidade do chiste, pero é que bromas de pisto só atopei unha terriblemente sexista (podería tela adaptado pero paso). Así que quedades con este clásico. Esta receita, se cadra, era máis acaída para o inverno, pero iso non é o que importa.Seguir lendo “Pisto con Ovo”