Como facer Quinoa ao polo en 2 pasos: 1. Cociñas a quinoa. 2. Daslla ao polo. Agora en serio, esta receita está xenial para un pícnic de verán ao que non che apetece levar a ensalada de pasta de sempre. Ingredientes: Quinoa Sal Limón Aceite Extras recomendados: pemento, pepino, cebola, tomate Os extras que tiSeguir lendo “Ensalada de Quinoa”
Arquivo de categoría:Xantar
Gazpacho
Mira, non vou facer chistes de andaluces, porque a estas horas estarán durmindo a sesta. E o mínimo é que se poidan defender, non? Como hai medio millón de receitas de Gazpacho, e en verdade todo se limita a coller os ingredientes e trituralos, nesta publicación recollerei varios consellos á hora de facer un boSeguir lendo “Gazpacho”
Espiga de Millo (3 Xeitos)
Sabías que o millo é moi bo para a memoria?? Merda. Creo que xa contei este chiste. Veña, pois conto outro: Sabes cal é o meu prato favorito? O fondo. Que? Pensabas que ía contar algo relacionado co millo? Pois non. E non é porque non se me ocorran, é porque non me da aSeguir lendo “Espiga de Millo (3 Xeitos)”
Pasta con Atún/Polo ao Forno
-Mamá, Mamá. Os espaguetes estanse pegando! +Pois déixalles que se maten. Sabes o típico prato súper cutre de estudante de macarróns con atún e tomate? Pois isto é o mesmo pero meténdoo no forno e dándolle un aspecto de plato moito máis elaborado. Tamén debo dicir que con ese pequeno engadido é ben máis ricoSeguir lendo “Pasta con Atún/Polo ao Forno”
Navallas á Prancha
Hoxe traio un prato típico do barrio de Vite: navallas. É broma, alí non consomen cousas tan sas, só se drogan. Agora en serio, coñezo a xente de aló que é simpática, así que esta publicación vai na súa memoria. Esta é unha receita tan rápida e sinxela que parece mentira que poda estar tanSeguir lendo “Navallas á Prancha”
Pasta Gratinada con Cabaza e Espinacas
Velaquí outra receita que lle roubo ao Comidista sen darlle créditos e sen tan sequera molestarme en poñer unha ligazón ao artigo orixinal, porque os contidos non se crean sós. É brincadeira, tédela aquí por se non vos fiades do meu copia e pega. Gracias Mikel por darme ideas tan boas e tan ricas ♥.Seguir lendo “Pasta Gratinada con Cabaza e Espinacas”
Paté de Mexillóns
Estaba eu pensando en que chiste sobre mexillóns podía poñer aquí, pero o único que sei xa o usei noutra publicación. Como estaría feo repetir chiste, esta receita non vai levar ningún, pero deixo a ligazón á outra, para que o leades vós mesmos. Este entrante é ideal se queres facer unha cea con aspectoSeguir lendo “Paté de Mexillóns”
Solombo Wellington
Os ingleses teñen un grande sentido do humor. Tan grande que de feito rin tres veces cada vez que lles contan un chiste: a primeira vez ao ouvilo, a segunda cando llo explican e a terceira cando o entenden. Este prato semella ben complicado, máis só precisa algo de paciencia e amor. E de seguroSeguir lendo “Solombo Wellington”
Ás de Polo
O KFC n0n qu3Rε Quξ s4ibAs iSt0!!¡¿! Quizais non me creas cando digo que as mellores ás de polo que tomei nunca foron as que eu mesmo me preparei, pero si: están boísimas! Ademais, tampouco leva tanto tempo e son moito máis sas. Ingredientes: 10 ás de polo (poño 10 porqu é bonito, pero tiSeguir lendo “Ás de Polo”
Lentellas
Lentellas: ou as tomas ou as tomas, porque se as deixas virá un elfo rosa a castigarche por semellante pecado. Este ser de luz farache comer lentellas polo resto da túa triste e deprimente vida (ou até que rebentes). Esta comida entra soa no inverno, e é ben máis sinxela do que pensas. Mais antesSeguir lendo “Lentellas”