As Receitas dos meus Amigos

Isto non é unha receita Pero… Artur, entón que é? E por que carallo a mandas aos subscriptores? E que é un amigo?? Tranquilidade. Agora explico. Estaba eu matinando sobre de onde podía sacar ideas para novas receitas. E pensei que, se pedise só unha a cada amigo que teño, tería, polo menos, 1 novaSeguir lendo “As Receitas dos meus Amigos”

Galletas de Tona

– Mamá, mamá, podes darme unha galleta? – Neniño, telas enriba da neveira. – Pero mamá, non teño brazos… – Pois se non hai brazos, non hai galletas! Non sei ti, pero eu non coñezo moitas receitas con tan poucos ingredientes, tan sinxelas e tan marabillosas en xeral. Ademais, duran un montón (se as gardadesSeguir lendo “Galletas de Tona”

Castañas

– A canto te-las castañas?– Cantas máis merques, máis baratas che saen.– Pois enche aí até que me saian gratis! Chego algo tarde, pero polo menos aínda estamos no tempo delas, oe. E ía dicir que non sei por que non comemos máis castañas, co ricas que están e o fácil que se preparan. PeroSeguir lendo “Castañas”

Clafoutis de Nectarinas

Escribindo esta publicación lembrei eses veráns da infancia na praia, comendo nectarinas moi maduras e pringando todas as mans. Pero non pasaba nada, porque logo só tiña que ir até o mar para limpar aquela desfeita. Hoxe apeteceume compartir esta lembranza en vez do chiste, non todo pode ser comedia. Seguinte. Non sei quen lleSeguir lendo “Clafoutis de Nectarinas”

Papas Andaluzas

Vai un cura correndo porque o persegue un león cando, de súpeto, decide axeonllarse e berra, suplicando:– Señor, por favor, pídoche que este león se volva cristiano.Entón, milagrosamente, o animal detén a súa carreira, axeónllase xunto a el e pronuncia:– Señor, bendice estes alimentos que vou consumir. Despois de ler 7 páxinas web con chistesSeguir lendo “Papas Andaluzas”

Flores de Sabugueiro

É realmente complicado atopar chistes de sabugueiro, pero aquí van 2 datos curiosos: 1. A variña de Dumbledore estaba feita coa madeira desta planta. 2. En portugués, curiosamente, tamén se lle chama sabugueiro. E máis un chiste dun usuario de twitter que se chama Sauco: -Por que contestas a todo con monosílabos? Estás enfadado?-Monosílabos. OnteSeguir lendo “Flores de Sabugueiro”

Bolo Mármore de Cenoria

Estaban dous tolos falando no manicomio (de Conxo) e di un deles:– Cal é o mellor xeito de cazar coellos?– Nin idea! – respondeu o outro louco.E di o primeiro:– É fácil! Agáchaste atrás dunha árbore e imitas o canto dunha cenoria. Hoxe podía ter redactado antes a receita, pero esquecino e case se meSeguir lendo “Bolo Mármore de Cenoria”

Rosquillas de Antroido

Chega a semana de Antroido, e un dos días, os rapaces teñen que ir disfrazados de verdura á clase. Entón aparece Xoel cunha flor no cu. A profesora, perplexa, pregunta:– De que ves disfrazado, Xoel?– De culiflor! Bueno, esta é a versión básica, pero hai miles de versións, coma os melindres estes que están cubertosSeguir lendo “Rosquillas de Antroido”

Arroz Doce

– Quanto é o cafezinho?– 2 reais.– E o açúcar?– O açúcar a gente não cobra.– Então pode me dar 2 quilos, por favor? Esta receita é coma o arroz con leite pero mellor, porque é portuguesa. E que hai mellor ca Portugal? Probablemente nada. O Brasil está aí aí, pero como aínda non estivenSeguir lendo “Arroz Doce”