Biscoito de Cabaciña

O cura do pobo tiña un horto detrás da igrexa. Un día, o sacristán dille:– Padre, as cabaciñas medran como pecados.E o cura respondeu:– Entón mañá predicarei sobre o arrepentimento… e farei crema de cabaciña. Un día en instagram saiume esta receita e, aínda que non acababa de crer que estivese tan boa, gardeina. UnhasSeguir lendo “Biscoito de Cabaciña”

A Tarta de Queixo do Frodo

Merry e Pippin van acampar ao bosque, para relembra-los vellos tempos. Durante a noite, Merry esperta e, despois dun momento de vacilación, dálle unha cotobelada a Pippin e di:– Pip, se ollas cara o ceo, que ves?– Estrelas.– E iso que che di?– Home, pois podo deducir moitas cousas.– Como cales?– Astronomicamente, que hai millónsSeguir lendo “A Tarta de Queixo do Frodo”

Pastel de pastor do Jorge

– Que é o que queremos?– Agora!!!– E cando o queremos???– Viaxes no tempo! Paréceme fatal que ata hai cousa dun ano non coñecese a Jorge, podedes crelo? E tampouco sabía que chiste poñer até que lembrei que el mesmo me plastificara un! Que gran amigo é, e que marabillosa persoa. Obrigado por terme acompañadoSeguir lendo “Pastel de pastor do Jorge”

Pastéis de Nata

– Tedes Pastéis de nata?– Xusto acaban de saír!– Vaia, e cando volven? A verdade é que non papei moitas natas este ano (para estar en Lisboa). Só cando me viña visitar algún amigo, que aproveitaba e comía con eles. Mais lembro un día, que fun a busca-lo paraugas que deixara Malena no CCB enSeguir lendo “Pastéis de Nata”

Torta de Améndoa da Avoa

Había unha vez unha anciana que sempre lle daba améndoas ao conductor do bus, quen, feliz, aceptaba sempre encantado. Até que un día decidiu preguntar: – Que amable é dándome améndoas tódolos días. Por que non as come vostede?– É que non teño dentes para mastigalas. – Entón por que as merca?– É que meSeguir lendo “Torta de Améndoa da Avoa”

As Receitas dos meus Amigos

Isto non é unha receita Pero… Artur, entón que é? E por que carallo a mandas aos subscriptores? E que é un amigo?? Tranquilidade. Agora explico. Estaba eu matinando sobre de onde podía sacar ideas para novas receitas. E pensei que, se pedise só unha a cada amigo que teño, tería, polo menos, 1 novaSeguir lendo “As Receitas dos meus Amigos”

Galletas de Tona

– Mamá, mamá, podes darme unha galleta? – Neniño, telas enriba da neveira. – Pero mamá, non teño brazos… – Pois se non hai brazos, non hai galletas! Non sei ti, pero eu non coñezo moitas receitas con tan poucos ingredientes, tan sinxelas e tan marabillosas en xeral. Ademais, duran un montón (se as gardadesSeguir lendo “Galletas de Tona”

Castañas

– A canto te-las castañas?– Cantas máis merques, máis baratas che saen.– Pois enche aí até que me saian gratis! Chego algo tarde, pero polo menos aínda estamos no tempo delas, oe. E ía dicir que non sei por que non comemos máis castañas, co ricas que están e o fácil que se preparan. PeroSeguir lendo “Castañas”

Clafoutis de Nectarinas

Escribindo esta publicación lembrei eses veráns da infancia na praia, comendo nectarinas moi maduras e pringando todas as mans. Pero non pasaba nada, porque logo só tiña que ir até o mar para limpar aquela desfeita. Hoxe apeteceume compartir esta lembranza en vez do chiste, non todo pode ser comedia. Seguinte. Non sei quen lleSeguir lendo “Clafoutis de Nectarinas”

Coliflor Gratinada

Un día, dous cachos de Coliflor, que eran mellores amigos, estaban andando xuntos pola rúa. Baixaron da beirarrúa para cruzar polo paso de peóns, pero xusto un coche virou a esquina a toda velocidade, e sen tempo para frear, levou por diante a un deles. O outro cacho, chamou no momento ao 112, e axudouSeguir lendo “Coliflor Gratinada”