O cura do pobo tiña un horto detrás da igrexa. Un día, o sacristán dille:– Padre, as cabaciñas medran como pecados.E o cura respondeu:– Entón mañá predicarei sobre o arrepentimento… e farei crema de cabaciña. Un día en instagram saiume esta receita e, aínda que non acababa de crer que estivese tan boa, gardeina. UnhasSeguir lendo “Biscoito de Cabaciña”
Arquivos de etiqueta:vexetais
Caldo Verde
– Camareiro! Desculpe, pero hai unha mosca no meu caldo!– Non se preocupe, señor. Non vai beber moito. É curioso como este prato tan simple e sinxelo, é á vez tan rico e aconchegante. A súa versión máis minimalista, a que recolle o “Livro do Pantagruel” (a Biblia da culinaria portuguesa), é só pataca, verza,Seguir lendo “Caldo Verde”
Zonchos
Un pai escoita á súa filla dici-las súas oracións antes de deitarse. A filla di:– Deus bendiga a mamá, Deus bendiga a papá, Deus bendiga á avoa e Adeus ao avó.O pai di:– Adeus avó? Por que dis iso?– Só porque me deu a gana. Ao día seguinte, o avó cae morto. O pai nonSeguir lendo “Zonchos”
A Fabada da Lucía
– Oes, a ti gústanche as fabas con xamón?– Pois claro, e sen fabas tamén! Lucía é unha grande amiga, e, entre as súas boas cualidades, eu diría que destaca a súa paciencia (comigo). E, aínda que cando a coñecín, case non cociñaba, agora xa o fai mellor ca min! Agardo poder contar coa suaSeguir lendo “A Fabada da Lucía”
O Dahl da Carmen
Un xefe indio vai de incursión guerreira contra os inimigos da súa tribo. Como vai ser unha expedición que durará varias lúas, deixa o seu fillo ao cargo do poboado. Cando volve:– E dime, fillo, que ocorreu durante a miña ausencia?– Oh, sabio e valoroso pai, teño noticias boas e malas. Cales desexas ouvir primeiro?–Seguir lendo “O Dahl da Carmen”
Papas de Millo
O psiquiatra ao tolo recén curado: – Mateo, xa podes ir á casa. – É mellor que quede aquí. – Por que? Aínda cres que es un gran de millo? – Non. – Entón? – Eu sei que non o son, pero como podo estar seguro de que as galiñas o saben? Nos tempos daSeguir lendo “Papas de Millo”
As Receitas dos meus Amigos
Isto non é unha receita Pero… Artur, entón que é? E por que carallo a mandas aos subscriptores? E que é un amigo?? Tranquilidade. Agora explico. Estaba eu matinando sobre de onde podía sacar ideas para novas receitas. E pensei que, se pedise só unha a cada amigo que teño, tería, polo menos, 1 novaSeguir lendo “As Receitas dos meus Amigos”
Castañas
– A canto te-las castañas?– Cantas máis merques, máis baratas che saen.– Pois enche aí até que me saian gratis! Chego algo tarde, pero polo menos aínda estamos no tempo delas, oe. E ía dicir que non sei por que non comemos máis castañas, co ricas que están e o fácil que se preparan. PeroSeguir lendo “Castañas”
Lentellas para Parvos
Por que as lentellas non xogan aos naipes? Porque teñen medo de que as deixen sen cartos. Pasei media hora pedíndolle chistes sobre lentellas ao ChatGPT e isto foi o mellor que conseguiu. Menudo inútil, non volvo preguntarlle ren. Eis a explicación que lle tiven que pedir, que é o realmente gracioso: Neste chiste fálaseSeguir lendo “Lentellas para Parvos”
Pisto con Ovo
Que pasa se metes un ovo no microondas? Ben, pido disculpas pola baixa calidade do chiste, pero é que bromas de pisto só atopei unha terriblemente sexista (podería tela adaptado pero paso). Así que quedades con este clásico. Esta receita, se cadra, era máis acaída para o inverno, pero iso non é o que importa.Seguir lendo “Pisto con Ovo”