Por que estou escribindo sobre como cocer unha pataca? Porque se me acabaron as ideas á séptima publicación? Non. Bueno, tamén. Escribo porque se penso no meu avó xantando, non o podo imaxinar sen estas patacas. E agora que descubrín “o truco da avoa”, podo achegar algo a esta receita que doutro xeito sería trivial.Seguir lendo “Patacas Cocidas”
Arquivos de etiqueta:Xantar
Mexillóns ao seu Vapor
En que se parecen os mexillóns aos calcetíns? En que os mexillóns son molusquitos e que os calcetíns molusquito e moluspongo. Esta é a receita típica de sábado, cando chegas da praza de abastos cuns mexillóns frescos e poucas ganas de cociñar. Ingredientes: Mexillóns Unhas follas de loureiro Elaboración: Limpar os bivalvos por fora. MeterSeguir lendo “Mexillóns ao seu Vapor”
Albóndigas
Que é unha albóndiga senón a representación de Marte? Como chegou a nós esta receita que agora damos por feita? Quen foi o primeiro Joey que introduciu unha destas entre dous cachos de pan? Por que no país veciño lle din salsa ao pirixel? Moitas preguntas e unha única resposta: os antigos astronautas. Ingredientes: CarneSeguir lendo “Albóndigas”