Nabizas con Chourizo e Patacas

– Que pasa, por que andas tan serio?
+ Ía cociñar nabizas con chourizo e patacas e mandei a miña muller a polas patacas. Pero de camiño atropelouna un coche 😦
– Mima, que dis?? E que vas facer agora?
+ Nabizas con chourizo só.

Creo que non hai un prato máis sinxelo e básico que este. Literalmente 3 ingredientes. Pero, aínda así, con tan pouco, conséguese unha chea, e a min, sinceiramente, tenme namorado.

Ingredientes (Para unha persoa, ti xa fas os calculos se sodes máis):

  • Un par de patacas
  • Un chourizo
  • Un bo feixe de nabizas
  • Sal

Elaboración:

  1. Pelamos as patacas e lavamos as nabizas.
  2. Nunha pota con auga fervendo chascamos as patacas en cachos non moi grandes (nin demasiado pequechos), botamos as nabizas, o chourizo e un chisco de sal.
  3. Ala, a cocer até que estea todo (uns 20 minutos ou así). É que cando dixen que era sinxelo non mentía, debe de levar máis traballo preparar os ingredientes que cociñalos.

Deixar un comentario