A Fabada da Lucía

– Oes, a ti gústanche as fabas con xamón?
– Pois claro, e sen fabas tamén!

Lucía é unha grande amiga, e, entre as súas boas cualidades, eu diría que destaca a súa paciencia (comigo). E, aínda que cando a coñecín, case non cociñaba, agora xa o fai mellor ca min!1 Agardo poder contar coa sua amizade por moitos máis anos, até que o PSOE sexa de esquerdas. Ola Lucía, grazas por tanta paciencia, e aquí vai a túa receita.

Non sabía que lembranza escoller, así que decidín poñer unha que nunca aconteceu: Cando ía pasar por Viveiro a visitar e subir ao San Roque. Pero pillou a covid e tivo que quedar na casa, xa lle vale!

A verdade é que na miña casa moitas fabadas non se facían, e supoño que por iso nunca intentara facer unha. E realmente non é nada complicado. Ao final é poñer unhas cantas cousas nunha pota e agardar, non ten perda.

Ingredientes:

  • Fabas
  • 1 cebola
  • 3-4 dentes de allo
  • 1 pataca
  • Touciño, chourizo e morcilla
  • Pimentón, sal?

Elaboración: (faba tenra: 1.5h – 2h. faba dura: 2h – 3h).

  1. Deixámo-las fabas a remollo toda a noite.
  2. Nunha pota poñémo-las fabas e cubrimos con auga. Cando ferva:
    • a) Escorrémo-la auga, botamos auga fría e volvemos poñelas a ferver.
    • b) Ou sacámo-la escuma e botamos unha pouca auga fría.
  3. Picamos unha cebola ben finiña e 3-4 dentes de allo.
  4. Desde o segundo fervor, baixámo-lo lume e botámo-la cebola, o allo e o touciño (lume medio, ao 2).
  5. Aos 40 minutos, aproximadamente, engadímo-lo chourizo e unha pataca en dados.
  6. Aos 60 minutos, máis ou menos, engadímo-la morcilla e o pimentón (podemos escoller entre botar unha cullerada ou facer un refrito coa cebole e o allo e xuntalo).
  7. Terminamos de cocer a lume medio-baixo até que estea feito. Non teñades présa a non ser que bos guste comer fabas crocantes hehe.

NOTAS:

  1. Este recurso literario chámase hipérbole. Ninguén cociña mellor ca min, só estaba sendo majo. Non significa que Lucía non cociñe moi ben eh, era só matizar. Tampouco hai que pasarse. ↩︎
Sufrindo baixo o sol do verán no máis parecido ao monte que pode haber en Madrid (O Retiro). Xullo do 2022.

Unha opinión sobre “A Fabada da Lucía

Deixar un comentario