– Que é o que queremos?– Agora!!!– E cando o queremos???– Viaxes no tempo! Paréceme fatal que ata hai cousa dun ano non coñecese a Jorge, podedes crelo? E tampouco sabía que chiste poñer até que lembrei que el mesmo me plastificara un! Que gran amigo é, e que marabillosa persoa. Obrigado por terme acompañadoSeguir lendo “Pastel de pastor do Jorge”
Arquivos de autor:Artur
Cannoli
Un mozo italiano chega bébedo á casa, e cando abre a porta e ve reflectida a súa imaxe no espello da entrada, sae correndo para chamar aos carabinieri:– Veñan axiña, que hai un ladrón na miña casa! Un deles acompáñao á súa casa, abre a porta sixilosamente e dille ao dono: -Boh! Non te preocupes,Seguir lendo “Cannoli”
O Ragù do Lorenzo
O fillo do carabiniero:– Papá, por que toda a xente fai bromas connosco? Xa estou farto de que rían dos carabinieri na escola!– Éche o que hai, fillo. É a nosa cruz. Pero é que entre os carabinieri hai algúns que teñen a cabeza un pouco dura (e mentres di isto, dá un par deSeguir lendo “O Ragù do Lorenzo”
Pastéis de Nata
– Tedes Pastéis de nata?– Xusto acaban de saír!– Vaia, e cando volven? A verdade é que non papei moitas natas este ano (para estar en Lisboa). Só cando me viña visitar algún amigo, que aproveitaba e comía con eles. Mais lembro un día, que fun a busca-lo paraugas que deixara Malena no CCB enSeguir lendo “Pastéis de Nata”
O Dahl da Carmen
Un xefe indio vai de incursión guerreira contra os inimigos da súa tribo. Como vai ser unha expedición que durará varias lúas, deixa o seu fillo ao cargo do poboado. Cando volve:– E dime, fillo, que ocorreu durante a miña ausencia?– Oh, sabio e valoroso pai, teño noticias boas e malas. Cales desexas ouvir primeiro?–Seguir lendo “O Dahl da Carmen”
Tortilla de Miolo
– Xa non me escoitas cando che falo, Maruxa.– O que che apeteza, cariño. Unha tortilla ou o que che veña ben, tampouco teño moita fame. Tranquilos, miolo o do pan, non o que a xente adoita ter na cabeza. Aínda que se cadra tampouco sabe mal o outro, quen sabe… Ah si, e seSeguir lendo “Tortilla de Miolo”
Polo á Soia e Mel do Daniel
Sabes onde podes atopar un polo sen patas? No mesmo lugar onde o deixaches. Con esta publicación, dou inicio á serie de Receitas dos Meus Amigos, que irán alternando de xeito aleatorio coas miñas propias. Paréceme perfecto comezar con esta porque capta exactamente a idea que inicialmente tiven: elaboracións propias da etapa estudantil, froito dasSeguir lendo “Polo á Soia e Mel do Daniel”
Papas de Millo
O psiquiatra ao tolo recén curado: – Mateo, xa podes ir á casa. – É mellor que quede aquí. – Por que? Aínda cres que es un gran de millo? – Non. – Entón? – Eu sei que non o son, pero como podo estar seguro de que as galiñas o saben? Nos tempos daSeguir lendo “Papas de Millo”
Natillas de Turrón
– Mamá, mamá! Que rico está o turrón!– Pois repite, fillo!– Mamá, mamá! Que rico está o turrón! FELIZ ANO!!! Realmente estou escribindo esta receita o 1 de xaneiro de 2024 ás 19 da tarde, despois dun horario de sono algo trastocado por algunha extraña razón. E aquí me atopo: en pixama, fronte ao ordenador,Seguir lendo “Natillas de Turrón”
Torta de Améndoa da Avoa
Había unha vez unha anciana que sempre lle daba améndoas ao conductor do bus, quen, feliz, aceptaba sempre encantado. Até que un día decidiu preguntar: – Que amable é dándome améndoas tódolos días. Por que non as come vostede?– É que non teño dentes para mastigalas. – Entón por que as merca?– É que meSeguir lendo “Torta de Améndoa da Avoa”