A que se parece medio tortellini? Ao outro medio. Facer pasta rechea parece a cousa máis complicada do mudo pero non o é. Se fas coma min e non te vés moi arriba co recheo, podes facelo axiña e sen moito esforzo. E dende logo está mil veces mellor ca a precociñada do supermercado! Ingredientes:Seguir lendo “Tortellini”
Arquivos de autor:Artur
Mazás Asadas
Que é peor que atopar un verme cando mordes unha mazá? Atopar só medio. Estaba un home subido a unha árbore e nisto que chega o seu amigo e berra: + Que fas aí subido, ho?– Pois comer unhas laranxas.+ Pero estás nunha maceira!– Si, xa, pero subín eu as miñas laranxas 🙂 Despois deSeguir lendo “Mazás Asadas”
Marmelada de Amoras
Animaríavos a probar esta receita, pero non estaría sendo sincero se non vos avisase de que: pasar 2h ao sol collendo amoras entre as silvas non é a cousa máis divertida. Acho que sería ben máis sinxelo mercar a famosa Marmelada de Amoras do Artur. Pero se non vos conseguín convencer e queredes volver ensanguentadosSeguir lendo “Marmelada de Amoras”
Crema de Cabaciña
+Onte fun coller unha cabaciña á horta e atopeime co meu marido tirado no chan: tropezara e caera sobre as cabaciñas.-Pobre home! E que fixeches?+Pois en lugar de cabaciña tiven que guisar unhas patacas! [Chiste extraído do libro de chistes de Gerónimo Stilton] Esta crema é ideal para o inverno e, en xeral, calquera momentoSeguir lendo “Crema de Cabaciña”
Brécol á Prancha
Chega o coello á tenda do barrio:– Boa tarde, señor. Desculpe, señor, ten brécol?+ Brécol? Non, coello; non teño.– Ah, vale. Grazas, señor. Desculpe, señor. Boa tarde, señor.Aos cinco minutos volve o coello:– Boa tarde, señor. Desculpe, señor, ten brécol?+ Que non, coello. Non teño brécol. Xa rematou.– Ah, vale. Grazas, señor. Desculpe, señor. BoaSeguir lendo “Brécol á Prancha”
Arepas
Vai un venezolano vendendo arepas e di:+ ¡Arepas y arepitas, arepas y arepitas!E un tipo ao velo pregúntalle: – Oiga, ¿Cuánto valen las arepas?+ Cien bolívares– ¿Y las arepitas?+ Cien bolivaritos Eu só espero que se valore o esforzo que fixen en non meter chistes racistas nin chistes sobre que en Venezuela non se come.Seguir lendo “Arepas”
Ensalada de Quinoa
Como facer Quinoa ao polo en 2 pasos: 1. Cociñas a quinoa. 2. Daslla ao polo. Agora en serio, esta receita está xenial para un pícnic de verán ao que non che apetece levar a ensalada de pasta de sempre. Ingredientes: Quinoa Sal Limón Aceite Extras recomendados: pemento, pepino, cebola, tomate Os extras que tiSeguir lendo “Ensalada de Quinoa”
Gazpacho
Mira, non vou facer chistes de andaluces, porque a estas horas estarán durmindo a sesta. E o mínimo é que se poidan defender, non? Como hai medio millón de receitas de Gazpacho, e en verdade todo se limita a coller os ingredientes e trituralos, nesta publicación recollerei varios consellos á hora de facer un boSeguir lendo “Gazpacho”
Espiga de Millo (3 Xeitos)
Sabías que o millo é moi bo para a memoria?? Merda. Creo que xa contei este chiste. Veña, pois conto outro: Sabes cal é o meu prato favorito? O fondo. Que? Pensabas que ía contar algo relacionado co millo? Pois non. E non é porque non se me ocorran, é porque non me da aSeguir lendo “Espiga de Millo (3 Xeitos)”
Pasta con Atún/Polo ao Forno
-Mamá, Mamá. Os espaguetes estanse pegando! +Pois déixalles que se maten. Sabes o típico prato súper cutre de estudante de macarróns con atún e tomate? Pois isto é o mesmo pero meténdoo no forno e dándolle un aspecto de plato moito máis elaborado. Tamén debo dicir que con ese pequeno engadido é ben máis ricoSeguir lendo “Pasta con Atún/Polo ao Forno”