Cabaciña Rechea da Avoa

A cabaciña, ao igual que o cogombro, é boa para a memoria. Se non o credes, preguntádelle ao meu curmán [o resto do chiste non o vou deixar por escrito, pois este é un blogue público e para todas as idades]. Esta é unha receita con múltiples versións. O recheo que preparei hoxe era unSeguir lendo “Cabaciña Rechea da Avoa”

Patacas Cocidas

Por que estou escribindo sobre como cocer unha pataca? Porque se me acabaron as ideas á séptima publicación? Non. Bueno, tamén. Escribo porque se penso no meu avó xantando, non o podo imaxinar sen estas patacas. E agora que descubrín “o truco da avoa”, podo achegar algo a esta receita que doutro xeito sería trivial.Seguir lendo “Patacas Cocidas”

Mexillóns ao seu Vapor

En que se parecen os mexillóns aos calcetíns? En que os mexillóns son molusquitos e que os calcetíns molusquito e moluspongo. Esta é a receita típica de sábado, cando chegas da praza de abastos cuns mexillóns frescos e poucas ganas de cociñar. Ingredientes: Mexillóns Unhas follas de loureiro Elaboración: Limpar os bivalvos por fora. MeterSeguir lendo “Mexillóns ao seu Vapor”

Ovos Duros do Luns

O Cealmorzo ou Cenayuno é unha tradición que iniciei durante a pandemia da covid e mantiven rigorosamente por máis dun ano: cear cada luns un par de ovos duros, usualmente acompañados de té “english breakfast”, imitando os coñecidos almorzos británicos. Aquí deixo a receita segreda para que queden no seu punto. Ingredientes: 2 ovos SalSeguir lendo “Ovos Duros do Luns”

Chulas da Avoa

Este é, sen dúbida, o meu postre favorito, ao que máis cariño lle teño. Eu sei que non o gozaredes tanto coma min, pois non vos traerá as miñas fermosas lembranzas da infancia, porén, agardo que cando menos valla a pena e estea rico :). Ingredientes: Pan dun día, preferentemente de broa (bola grande deSeguir lendo “Chulas da Avoa”

Brownie

Un postre rápido, sinxelo e que todos aman? Imposible! Ou non… Velaquí máis un triunfo dos Estados Unidos da América, os inventores da democracia, o capitalismo e da bomba atómica! Ingredientes : 200g de chocolate negro (tableta para fundir) 100g de manteiga 70g de fariña de trigo 120g de azucre 3 ovos 70-90g de nocesSeguir lendo “Brownie”