– Quanto é o cafezinho?– 2 reais.– E o açúcar?– O açúcar a gente não cobra.– Então pode me dar 2 quilos, por favor? Esta receita é coma o arroz con leite pero mellor, porque é portuguesa. E que hai mellor ca Portugal? Probablemente nada. O Brasil está aí aí, pero como aínda non estivenSeguir lendo “Arroz Doce”
Arquivo de categoría:Cea
Caldo Galego
– Mamá, que imos xantar?+ Ves ese bote de xeado de framboesa?– Si.+ Pois ábreo, tes dentro un pouco caldo. Nesta receita descubrín a utilidade das escumadeiras e a razón do seu nome: serven para retirar a escuma que se forma por exemplo ao cocer fabas. Que curioso, non? Ingredientes (aproximadamente para 10 persoas): Elaboración:Seguir lendo “Caldo Galego”
Nabizas con Chourizo e Patacas
– Que pasa, por que andas tan serio?+ Ía cociñar nabizas con chourizo e patacas e mandei a miña muller a polas patacas. Pero de camiño atropelouna un coche 😦– Mima, que dis?? E que vas facer agora?+ Nabizas con chourizo só. Creo que non hai un prato máis sinxelo e básico que este. LiteralmenteSeguir lendo “Nabizas con Chourizo e Patacas”
Gazpacho
Mira, non vou facer chistes de andaluces, porque a estas horas estarán durmindo a sesta. E o mínimo é que se poidan defender, non? Como hai medio millón de receitas de Gazpacho, e en verdade todo se limita a coller os ingredientes e trituralos, nesta publicación recollerei varios consellos á hora de facer un boSeguir lendo “Gazpacho”
Espiga de Millo (3 Xeitos)
Sabías que o millo é moi bo para a memoria?? Merda. Creo que xa contei este chiste. Veña, pois conto outro: Sabes cal é o meu prato favorito? O fondo. Que? Pensabas que ía contar algo relacionado co millo? Pois non. E non é porque non se me ocorran, é porque non me da aSeguir lendo “Espiga de Millo (3 Xeitos)”
3 Ideas para un Aguacate
Pois supoño que haberá que poñer 3 chistes ou que? Ademais, xa postos, en linguas diferentes: Sabías que el Aguacate es 50% agua? Y el otro 50% cate 🙂 What do you say to an avocado who’s done a great job? Bravocado! +Vai lá no mercado e traz um leite, se tiver abacate traz seis.Seguir lendo “3 Ideas para un Aguacate”
Paté de Mexillóns
Estaba eu pensando en que chiste sobre mexillóns podía poñer aquí, pero o único que sei xa o usei noutra publicación. Como estaría feo repetir chiste, esta receita non vai levar ningún, pero deixo a ligazón á outra, para que o leades vós mesmos. Este entrante é ideal se queres facer unha cea con aspectoSeguir lendo “Paté de Mexillóns”
A Pizza da Madriña
A pizza é coma o fascismo: inventouse en Italia e encántalles aos americanos. E en ningún dos dous quedan ben as xudías. Chega a noite e non tes plan mellor ca tirarte no sofá a ver unha peli… ou non! No tempo que invitas a un par de amigos, deixa levedando esta masa e sorpréndeosSeguir lendo “A Pizza da Madriña”
Requeixo con Mel e Noces
Vaia receita máis cutre 😦 . Creo que excusaba poñer os ingredientes e a elaboración, e deixar só o título. Bom, así ocupo un pouco máis de espazo :). Queres facer un almorzo especial para unha persoa especial? Tes un xantar espectacular pero a sobremesa é aburrida e deprimente? Pois xa tes a solución! EsteSeguir lendo “Requeixo con Mel e Noces”
Pasta Fresca ou Seca
Pouco se fala de que este ano os mafiosos dos italianos gañaron Eurovisión e a Eurocopa. Di ti que non foron os pailáns dos franceses. E que polo menos teñen comida rica, non coma os ingleses. A pasta é a comida do estudante por antonomasia: rápida, rica e alimenta ben. Mais probablemente nunca imaxinaches queSeguir lendo “Pasta Fresca ou Seca”