Cuscús con Pisto e Pasas

Certamente existen un monte de receitas con cuscús similares a esta. Pero é todo casualidade, pois esta é froito da máis absoluta xenialidade. É dicir, estabamos en casa con pouco tempo e con moitas verduras que había que comer. Mesturamos todo e máis e saíu isto. Xa lles gustaría aos chefs ter esta inspiración divinaSeguir lendo “Cuscús con Pisto e Pasas”

Pasta Fresca ou Seca

Pouco se fala de que este ano os mafiosos dos italianos gañaron Eurovisión e a Eurocopa. Di ti que non foron os pailáns dos franceses. E que polo menos teñen comida rica, non coma os ingleses. A pasta é a comida do estudante por antonomasia: rápida, rica e alimenta ben. Mais probablemente nunca imaxinaches queSeguir lendo “Pasta Fresca ou Seca”

Vichyssoise

Por que os franceses comen caracois? Porque non lles gusta a comida rápida. E porque son todos parvos. Esta receita, fresca e ideal para o verán, debe o seu nome á cidade de Vichy, capital da democracia. E a súa branca cor débese ao amor dos gabachos por este pigmento. Ingredientes: 4 porros (só empregaremosSeguir lendo “Vichyssoise”

Empanada de Mexillóns do Aarón

Aarón é un rapaz que estuda cine. Aarón é unha persoa que non se conforma con nada. Por iso, el sabe que non vai rematar traballando de camareiro: Aarón sabe que ten un posto asegurado na cociña. Esta receita, se ben é longa, merece a pena. É ideal para levar a rodaxes, e que todosSeguir lendo “Empanada de Mexillóns do Aarón”

Pementos de Padrón

+Manolo, que fas?-Aquí, pescando.+E que usas de cebo?-Pementos de Padrón!+E van ben?-Pois… Probablemente non atopes esta receita moi útil pero… Alguén che preguntou? Ah, pensei. Así que deixa de ir de sabichón e goza desta sinxela e rápida receita. Ideal para completar o menú cando non fixeches (ou non queda) comida abondo. Ingredientes: Pementos deSeguir lendo “Pementos de Padrón”

Cabaciña Rechea da Avoa

A cabaciña, ao igual que o cogombro, é boa para a memoria. Se non o credes, preguntádelle ao meu curmán [o resto do chiste non o vou deixar por escrito, pois este é un blogue público e para todas as idades]. Esta é unha receita con múltiples versións. O recheo que preparei hoxe era unSeguir lendo “Cabaciña Rechea da Avoa”

Patacas Cocidas

Por que estou escribindo sobre como cocer unha pataca? Porque se me acabaron as ideas á séptima publicación? Non. Bueno, tamén. Escribo porque se penso no meu avó xantando, non o podo imaxinar sen estas patacas. E agora que descubrín “o truco da avoa”, podo achegar algo a esta receita que doutro xeito sería trivial.Seguir lendo “Patacas Cocidas”