Filloas Doces

Quería comezar con algo gracioso ou interesante, pero non se me ocorría nada. Así que entrei na Wikipedia: “A filloa é denominada polos franceses co nome de crêpe”. Está claro. A Wikipedia non ten nin puta idea. Este doce típico do entroido entra ben en calquera momento do ano. E aínda que en cada casa se fan diferentesSeguir lendo “Filloas Doces”

3 Xeitos de Preparar Avea

Sabiades que estas gramíneas con sementes alongadas, que se lanzan e quedan enganchadas na roupa, son avea brava (avea bouba)? O que aprende un cando ten un blogue de comida. Ah, e non comades esa avea, case mellor. Nesta publicación vou recoller 3 xeitos ben sinxelos de preparar os flocos de avea, un alimento cunSeguir lendo “3 Xeitos de Preparar Avea”

Cabaciña Rechea da Avoa

A cabaciña, ao igual que o cogombro, é boa para a memoria. Se non o credes, preguntádelle ao meu curmán [o resto do chiste non o vou deixar por escrito, pois este é un blogue público e para todas as idades]. Esta é unha receita con múltiples versións. O recheo que preparei hoxe era unSeguir lendo “Cabaciña Rechea da Avoa”

Patacas Cocidas

Por que estou escribindo sobre como cocer unha pataca? Porque se me acabaron as ideas á séptima publicación? Non. Bueno, tamén. Escribo porque se penso no meu avó xantando, non o podo imaxinar sen estas patacas. E agora que descubrín “o truco da avoa”, podo achegar algo a esta receita que doutro xeito sería trivial.Seguir lendo “Patacas Cocidas”