Estaba eu tendo dificultades para atopar un chiste relacionado con Italia minimanente decente, e non había maneira. Até que lembrei un clásico. Completen nos comentarios: “Por que a Torre de Pisa está inclinada?” O sábado fixen os dous últimos exames do Erasmus (espero), e menos mal, porque xa non me quedaban receitas programadas. Na verdade,Seguir lendo “Os Arancine da Martina”
Arquivos de etiqueta:carne
A Fabada da Lucía
– Oes, a ti gústanche as fabas con xamón?– Pois claro, e sen fabas tamén! Lucía é unha grande amiga, e, entre as súas boas cualidades, eu diría que destaca a súa paciencia (comigo). E, aínda que cando a coñecín, case non cociñaba, agora xa o fai mellor ca min! Agardo poder contar coa suaSeguir lendo “A Fabada da Lucía”
Pastel de pastor do Jorge
– Que é o que queremos?– Agora!!!– E cando o queremos???– Viaxes no tempo! Paréceme fatal que ata hai cousa dun ano non coñecese a Jorge, podedes crelo? E tampouco sabía que chiste poñer até que lembrei que el mesmo me plastificara un! Que gran amigo é, e que marabillosa persoa. Obrigado por terme acompañadoSeguir lendo “Pastel de pastor do Jorge”
O Ragù do Lorenzo
O fillo do carabiniero:– Papá, por que toda a xente fai bromas connosco? Xa estou farto de que rían dos carabinieri na escola!– Éche o que hai, fillo. É a nosa cruz. Pero é que entre os carabinieri hai algúns que teñen a cabeza un pouco dura (e mentres di isto, dá un par deSeguir lendo “O Ragù do Lorenzo”
As Receitas dos meus Amigos
Isto non é unha receita Pero… Artur, entón que é? E por que carallo a mandas aos subscriptores? E que é un amigo?? Tranquilidade. Agora explico. Estaba eu matinando sobre de onde podía sacar ideas para novas receitas. E pensei que, se pedise só unha a cada amigo que teño, tería, polo menos, 1 novaSeguir lendo “As Receitas dos meus Amigos”
Boloñesa Vegana
Un neto chama por teléfono á súa avoa italiana dicindo que vai ir visitala e que vai levar a sua namorada para que a coñeza. A “nonna” entón comeza a explicarlle ao neto como chegar até aló: – Tes que ir ao edificio que está fronte á xeadería. Io vivo no apartamento 301. Capito? PremeSeguir lendo “Boloñesa Vegana”
Fígado Encebolado
– Doctor, dóeme o fígado.+ A ver, saque a lingua.– Pero se o que me doe é o fígado!+ Pois logo saca o fígado e déixateme de lerias! Nesta páxina tedes chistes de fígados tan hilarantes que non fun quen de escoller un. Xa ía sendo hora de pechar o arco de receitas vexetarianas nesteSeguir lendo “Fígado Encebolado”
Nabizas con Chourizo e Patacas
– Que pasa, por que andas tan serio?+ Ía cociñar nabizas con chourizo e patacas e mandei a miña muller a polas patacas. Pero de camiño atropelouna un coche 😦– Mima, que dis?? E que vas facer agora?+ Nabizas con chourizo só. Creo que non hai un prato máis sinxelo e básico que este. LiteralmenteSeguir lendo “Nabizas con Chourizo e Patacas”
Arepas
Vai un venezolano vendendo arepas e di:+ ¡Arepas y arepitas, arepas y arepitas!E un tipo ao velo pregúntalle: – Oiga, ¿Cuánto valen las arepas?+ Cien bolívares– ¿Y las arepitas?+ Cien bolivaritos Eu só espero que se valore o esforzo que fixen en non meter chistes racistas nin chistes sobre que en Venezuela non se come.Seguir lendo “Arepas”
Pasta con Atún/Polo ao Forno
-Mamá, Mamá. Os espaguetes estanse pegando! +Pois déixalles que se maten. Sabes o típico prato súper cutre de estudante de macarróns con atún e tomate? Pois isto é o mesmo pero meténdoo no forno e dándolle un aspecto de plato moito máis elaborado. Tamén debo dicir que con ese pequeno engadido é ben máis ricoSeguir lendo “Pasta con Atún/Polo ao Forno”