Pouco se fala de que este ano os mafiosos dos italianos gañaron Eurovisión e a Eurocopa. Di ti que non foron os pailáns dos franceses. E que polo menos teñen comida rica, non coma os ingleses. A pasta é a comida do estudante por antonomasia: rápida, rica e alimenta ben. Mais probablemente nunca imaxinaches queSeguir lendo “Pasta Fresca ou Seca”
Arquivos de etiqueta:Cea
Vichyssoise
Por que os franceses comen caracois? Porque non lles gusta a comida rápida. E porque son todos parvos. Esta receita, fresca e ideal para o verán, debe o seu nome á cidade de Vichy, capital da democracia. E a súa branca cor débese ao amor dos gabachos por este pigmento. Ingredientes: 4 porros (só empregaremosSeguir lendo “Vichyssoise”
Empanada de Mexillóns do Aarón
Aarón é un rapaz que estuda cine. Aarón é unha persoa que non se conforma con nada. Por iso, el sabe que non vai rematar traballando de camareiro: Aarón sabe que ten un posto asegurado na cociña. Esta receita, se ben é longa, merece a pena. É ideal para levar a rodaxes, e que todosSeguir lendo “Empanada de Mexillóns do Aarón”
Pementos de Padrón
+Manolo, que fas?-Aquí, pescando.+E que usas de cebo?-Pementos de Padrón!+E van ben?-Pois… Probablemente non atopes esta receita moi útil pero… Alguén che preguntou? Ah, pensei. Así que deixa de ir de sabichón e goza desta sinxela e rápida receita. Ideal para completar o menú cando non fixeches (ou non queda) comida abondo. Ingredientes: Pementos deSeguir lendo “Pementos de Padrón”
Sándwich Mixto 2.0
É outra deprimente noite de inverno. E ti tes que pensar no que vas cear hoxe. Que preguiza, non? Cantas ceas teremos que imaxinar e preparar ao longo das nosas vidas? Case dan ganas de tomar un iogurte e ir durmir. Ou de preparar un triste sándwich para que pareza unha cea. Pero… e seSeguir lendo “Sándwich Mixto 2.0”
Protexido: Sándwich Mixto 2.0
Non hai extracto porque este é un artigo protexido.
Cabaciña Rechea da Avoa
A cabaciña, ao igual que o cogombro, é boa para a memoria. Se non o credes, preguntádelle ao meu curmán [o resto do chiste non o vou deixar por escrito, pois este é un blogue público e para todas as idades]. Esta é unha receita con múltiples versións. O recheo que preparei hoxe era unSeguir lendo “Cabaciña Rechea da Avoa”
Patacas Cocidas
Por que estou escribindo sobre como cocer unha pataca? Porque se me acabaron as ideas á séptima publicación? Non. Bueno, tamén. Escribo porque se penso no meu avó xantando, non o podo imaxinar sen estas patacas. E agora que descubrín “o truco da avoa”, podo achegar algo a esta receita que doutro xeito sería trivial.Seguir lendo “Patacas Cocidas”
Torrada Hawai
Pizza con piña ou sen piña? Esa non é a cuestión. A pregunta é: cando facemos unha maratón de ✨Hawaii 5.0✨?? Esta é unha receita que atopei nun blogue por casualidade, e que ao parecer é coñecida na Suíza. Sexa como for, valeu a pena probalo, e é unha cea ideal para tomar pensado enSeguir lendo “Torrada Hawai”
Ovos Duros do Luns
O Cealmorzo ou Cenayuno é unha tradición que iniciei durante a pandemia da covid e mantiven rigorosamente por máis dun ano: cear cada luns un par de ovos duros, usualmente acompañados de té “english breakfast”, imitando os coñecidos almorzos británicos. Aquí deixo a receita segreda para que queden no seu punto. Ingredientes: 2 ovos SalSeguir lendo “Ovos Duros do Luns”