Avoa, son o delegado da clase! Normal, co pouco que comes. Fágoche unha costilleta?? Xa sei que xa teño outra publicación con receitas coa avea, pero editala era moito traballo, así que velaquí outra 🙂 Ingredientes: Elaboración: Non esquezas que… Nestas receitas o seu é poñerse creativo. Se lle queres engadir máis especias (pementa, xenxibre…)Seguir lendo “A Avea de Obama”
Arquivos de etiqueta:Doces
Mazás Asadas
Que é peor que atopar un verme cando mordes unha mazá? Atopar só medio. Estaba un home subido a unha árbore e nisto que chega o seu amigo e berra: + Que fas aí subido, ho?– Pois comer unhas laranxas.+ Pero estás nunha maceira!– Si, xa, pero subín eu as miñas laranxas 🙂 Despois deSeguir lendo “Mazás Asadas”
Marmelada de Amoras
Animaríavos a probar esta receita, pero non estaría sendo sincero se non vos avisase de que: pasar 2h ao sol collendo amoras entre as silvas non é a cousa máis divertida. Acho que sería ben máis sinxelo mercar a famosa Marmelada de Amoras do Artur. Pero se non vos conseguín convencer e queredes volver ensanguentadosSeguir lendo “Marmelada de Amoras”
3 Ideas para un Aguacate
Pois supoño que haberá que poñer 3 chistes ou que? Ademais, xa postos, en linguas diferentes: Sabías que el Aguacate es 50% agua? Y el otro 50% cate 🙂 What do you say to an avocado who’s done a great job? Bravocado! +Vai lá no mercado e traz um leite, se tiver abacate traz seis.Seguir lendo “3 Ideas para un Aguacate”
Filloas Doces
Quería comezar con algo gracioso ou interesante, pero non se me ocorría nada. Así que entrei na Wikipedia: “A filloa é denominada polos franceses co nome de crêpe”. Está claro. A Wikipedia non ten nin puta idea. Este doce típico do entroido entra ben en calquera momento do ano. E aínda que en cada casa se fan diferentesSeguir lendo “Filloas Doces”
3 Xeitos de Preparar Avea
Sabiades que estas gramíneas con sementes alongadas, que se lanzan e quedan enganchadas na roupa, son avea brava (avea bouba)? O que aprende un cando ten un blogue de comida. Ah, e non comades esa avea, case mellor. Nesta publicación vou recoller 3 xeitos ben sinxelos de preparar os flocos de avea, un alimento cunSeguir lendo “3 Xeitos de Preparar Avea”
Requeixo con Mel e Noces
Vaia receita máis cutre 😦 . Creo que excusaba poñer os ingredientes e a elaboración, e deixar só o título. Bom, así ocupo un pouco máis de espazo :). Queres facer un almorzo especial para unha persoa especial? Tes un xantar espectacular pero a sobremesa é aburrida e deprimente? Pois xa tes a solución! EsteSeguir lendo “Requeixo con Mel e Noces”
Natillas
É probable que faga tanto tempo que non tomas unhas natillas de verdade, que cando probes isto non recoñezas o sabor. Así que deixa de mercar Natillas Danet e ponte a cociñar!! Esta receita é extremadamente rápida e sinxela. E se a única excusa que vas poñer é que a vainilla é moi cara, nonSeguir lendo “Natillas”
Chulas da Avoa
Este é, sen dúbida, o meu postre favorito, ao que máis cariño lle teño. Eu sei que non o gozaredes tanto coma min, pois non vos traerá as miñas fermosas lembranzas da infancia, porén, agardo que cando menos valla a pena e estea rico :). Ingredientes: Pan dun día, preferentemente de broa (bola grande deSeguir lendo “Chulas da Avoa”
Brownie
Un postre rápido, sinxelo e que todos aman? Imposible! Ou non… Velaquí máis un triunfo dos Estados Unidos da América, os inventores da democracia, o capitalismo e da bomba atómica! Ingredientes : 200g de chocolate negro (tableta para fundir) 100g de manteiga 70g de fariña de trigo 120g de azucre 3 ovos 70-90g de nocesSeguir lendo “Brownie”